As brigadas do departamento de Obras atopan este ano moita máis maleza, que medrou favorecida por un inverno moi chuvioso e polas altas temperaturas.
No casco urbano, xa se actuou en rúas como 25 de Xullo, San Paio, Rúa 56, Antón Losada, Caldesiña, Congostra, Camiño de Ouzande ou o aparcamento do Teatro Principal xa acolleron intervencións de mellora.
Hoxe martes continuarán os traballos no estacionamento público da Casa das Letras ou na vía de acceso ao cemiterio parroquial.
A Avenida da Cultura quedará para despois das festas patronais, cando xa estea rematado o curso.
No rural, onde se traballa dende abril coa intención de ofrecer unha segunda volta, xa se veu actuando en Barbude, San Xurxo, Castro, Cereixo, Baloira, O Foxo, Aguións, Cora, Riobó, Orazo, Barcala, Lagartóns, Paradela, San Xiao, San Pedro de Ancorados, GUimarei, Tabeirós, Moreira, Santa Martíña de Barcala, San Tomé de Ancorados, Oca, Santeles, Arnois; Liripio, Curantes, Remesar, Arca, Nigoi, Lamas e A Somoza.
Nestes días estase traballando en Pardemarín, Ouzande, Agar, Parada e San Paio da Estrada.
As próximas serán Toedo, Loimil, Ribeira, Sabucedo e Vinseiro.