Cultura
Rey Chao, Manuel Anxo
Biografía
Naceu na Estrada no ano 1.947. Faise mestre de Ensino Primario e asimesmo Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación.
No ano 1.974 constitué, xunto con outros mestres, un grupo de renovación pedagóxica que promoverá, anos despois, a creación do Movemento Cooperativo da Escola Popular Galega, xerme dos actuais Movementos de Renovación Pedagóxica de Galiza.
Foi menbro do Consello Escolar de Galiza e tamén formou parte do equipo de Formadores en Didácticas Específicas que elaborou o Plan Galego de Formación Continuada do Profesorado de Niveis non Universitarios e exerceu como Director do Centro de Formación Continuada do Profesorado de Santiago de Compostela durante oito anos.
Durante o ano 1.983 formou parte da Comisión Organizadora do 1º Congreso de Movementos de Renovación Pedagóxica de España, que se celebrou en Barcelona. Nas primeiras eleccións municipais da democracia foi concelleiro na Estrada. Actualmente exerce de Mestre.
Ten publicada unha obra narrativa titulada TEMPOS NO ESPELLO ( Tórculo Edicións, 1.993) e varios ensaios en col dos diferentes aspectos do ensino. Así temos:
A REFORMA EDUCATIVA. CLAVES PARA UNHA ANÁLISE
( Tórculo Edicións, 1.991),
GUÍAS PARA A ELABORACIÓN DE PROXECTOS CURRICULARES DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA ( Tórculo Edicións)
A PLANIFICACIÓN DA FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
( Tórculo Edicións).
Tamén é autor, en conxunto con outros autores, de libros de texto de Lingua Galega e as súas guías didácticas para o ciclo medio de Primaria ( Edit. Galaxia – S. M.).
Asimesmo é un asiduo colaborador con artigos referentes ao ensino en “ La Voz de Galicia” e “ El Correo Gallego” coma: “ O texto libre: páxina de pedagoxía”, “ A Creatividade literaria na Educación Xeral Básica”…
Obra
Tempos no espello
Autor: Rey Chao, Manuel Anxo
Editorial: Tórculo Ediciones
Descripción:
Esta é a primeira incursión do autor na novela. É unha historia de desamor, cun relevante trasfondo pedagóxico.