Concello da Estrada

Radio Estrada  participou  no   cumio de   240  emisoras  de radio locais  que reafirman a  súa vontade de  cooperar en rede a escala global

A Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) exerceu de anfitriona  do encontró, que  se celebrou  en  Santiago  de  Compostela,  no que  tamén participan representantes de EMA RTV (Andalucía), RTV Cardedeu La Xarxa (Cataluña) e a Rede de Medios Comunitarios

A sesión de traballo, que comezou o martes e prolongouse durante toda a  xornada do  mércores na  sede do  Consello  da  Cultura  Galega,  busca amplificar o impacto da comunicación local a través da educación e o desenvolvemento sustentable

A sede do Consello da  Cultura Galega (CCG) acolleu  desde o martes e  durante toda  a  xornada do  mércores un  encontro histórico con  representantes de  240  emisoras de  radio de  todo  o Estado español co obxectivo de  reafirmar  a  súa vocación  de  traballar  en  rede  para  ter  incidencia  a  escala  global, pero    sen  perder  as  raíces  locais;   aliñar   estratexias   conxuntas,  intensificar   a colaboración e aproveitar sinerxias.

O encontro, organizado pola Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA), conta  coa  participación de EMA RTV (Andalucía), RTV Cardedeu La Xarxa (Cataluña) e a Rede de  Medios Comunitarios (ReMC),  que  subliñan a importancia de  reforzar os medios locais como ferramentas para  o cambio social e ambiental.

O programa incluíu na tarde  do martes un acto  no que  Henrique Sanfiz, secretario de EMUGA, destacou a colaboración entre  entidades autonómicas e estatais como  clave para  lograr un impacto real. “Somos 240 radios, moi pequenas, que,  se bailamos soas, chegamos  a  poucos  sitios,  pero,   se bailamos  todos  ao  mesmo paso  na  mesma dirección, podemos aspirar a poñer  un grao  de  area para  cambiar o mundo”, afirmou. Tamén subliñou  a  necesidade  de  combinar  enfoques  globais  e  locais  no  proxecto Onda ODS, baixo o lema “de medios locais a medios glocais”. Insistiu en que esta iniciativa  é  “multicultural  e  multilingüe,  defendendo  a  lingua  e  a  cultura  de   cada territorio”.

Pola súa parte, Xesús Domínguez, tenente de alcaldesa do Concello de  Santiago de Compostela, deu a benvida aos participantes e salientou a relevancia da comunicación de proximidade: “Cando viaxamos buscamos descubrir outras culturas, maneiras de pensar e linguas… Isto é o que  verdadeiramente enriquece a experiencia”. Domínguez agradeceu a presenza dos asistentes  e resaltou o papel  de  Santiago  como  punto  de encontro e reflexión.

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da  Cultura Galega, destacou o valor destas redes como  ferramentas de  cohesión nun  territorio tan  fragmentado como  Galicia. “O desenvolvemento sustentable non pode  esquecer a cultura; é o motor da sociedade e debe integrarse en todos os seus aspectos: humanísticos, científicos e tecnolóxicos”.

Ademais, subliñou “a importancia dos dereitos culturais. A cultura é un dereito; poder desfrutar  a  cultura  da  túa  comunidade  e  recibir  cultura  debe ser un  dereito”.  Álvarez animou os presentes a fortalecer a colaboración entre  emisoras e asegurou o apoio do Consello para  seguir impulsando esta rede.

Medios locais con impacto global

Este encontro supón tamén o  punto  de  partida  para   unha  nova  etapa no  proxecto

Onda  ODS  impulsado  pola  devandita  rede  de  emisoras  de  radio  locais,  que  no  ano

2025  chegará á súa terceira edición baixo o lema “De medios locais a medios glocais”. E na  que  como  cada ano  participará  Radio  Estrada para, en  declaracións  de  Pablo García,  vicepresidente   de   EMUGA.  “Dinamizar   e   poñer   en   valor   a   interesantes

actividades que se desenvolven na nosa comarca”.

Esta iniciativa,  desenvolvida  en  colaboración  co  Ministerio  de  Dereitos  Sociais  no marco  da Axenda  2030,  busca amplificar o impacto dos medios locais a través de tres liñas de acción que  combinan a educación, a formación profesional e a sensibilización cidadá. Estes son os obxectivos:

  1. Impulsar a conciencia climática na mocidade:

A primeira  acción  estará centrada na  mocidade  de  16  centros educativos   de  cinco comunidades autónomas (dos cales dous son da Estrada). A través dun concurso radiofónico  estatal,  os estudantes reflexionarán  sobre o impacto  do  cambio  climático nas súas comunidades,  promovendo un  diálogo  interxeracional  e  unha  comprensión máis profunda deste desafío global.

  1. Formación en municipios rurais e vulnerables:

En 16 localidades (unha  de incidencia directa de Radio Estrada) de ámbito rural e con maior vulnerabilidade social organizaranse coloquios radiofónicos destinados a comunicadores  e  xornalistas.  Estes  encontros tratarán temas  como   a  pobreza,  a igualdade de xénero e o cambio climático, co obxectivo de mellorar a calidade e a sensibilidade na cobertura mediática destes temas fundamentais.

  1. Campaña de sensibilización a nivel estatal:

Lanzarase unha  campaña radiofónica e audiovisual dirixida a máis de dous millóns de persoas en  11  comunidades  autónomas. Esta  iniciativa  buscará dar  visibilidade  a políticas públicas, proxectos cidadáns e iniciativas privadas que contribúen ao cumprimentodos  ODS,   destacando especialmente  os esforzos  realizados  desde  o ámbito local e rural.

Unha comunicación comprometida coas persoas e co planeta

Os medios locais non son simples transmisores de información; son espellos das súas comunidades,  puntos de  encontro para  o  debate e  a  reflexión,  e  ferramentas  clave para  promover o cambio social. Desde esta perspectiva, o proxecto Onda  ODS e a colaboración  entre  redes como  EMUGA, EMA RTV, ReMC  e  XAL apostan por  unha comunicación  que  respecte a  diversidade  cultural  e  lingüística,  ao  tempo  que  actúe como motor de transformación social.

Con esta nova  edición de Onda  ODS, estas emisoras propoñen dar un paso máis: converterse  en  plataformas  “glocais”  que   combinen  o  alcance  global  coas raíces locais,  garantindo  que  ningunha  comunidade  quede atrás na  loita  por  un futuro  máis xusto, igualitario e sustentable.

Santiago  de   Compostela,  que   simboliza  o  encontro  de   camiños  e  culturas,  é  o escenario  perfecto  para  dar  forma  a  esta  nova  etapa. Desde aquí,  a  voz  das radios locais  e  comunitarias  segue a  abrir  camiños  cara  unha  sociedade  máis  consciente  e comprometida cos grandes retos que afrontamos como humanidade.

Scroll ao inicio
Skip to content