Imagen Cabecera Común

Propostas para celebrar o Samaín na Estrada

Veciños das parroquias de Sabucedo e Santo Tomé de Ancorados presentaron esta fin de semana no consistorio os actos preparados para celebrar o Samaín, apostando por divulgar e exaltar o patrimonio inmaterial vencellado a estas datas.

Sabucedo está listo para vivir a décima edición do seu MUSA (Magosto, Muiñada e Samaín), cun programa que irá dende primeira hora do sábado 1 de novembro ata altas horas da noite. 

En Ancorados o Samaín acada a cuarta edición, con labirinto e cemiterio preparados para poñer a proba o espírito festivo dos que se acheguen.

Tamén na vila a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) ten moitas e variadas propostas para pasalo de medo.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, quixo agradecer ás asociacións a súa implicación para organizar estas citas, convidando aos cidadáns a secundalas.

Velaquí os carteis dalgunhas das actividades:

 

 
Scroll ao inicio
Ir o contido