Programación de Entroido
Velaquí un resumo da programación de Entroido que o Concello da Estrada presentou recentemente aos medios de comunicación
📆Venres 13 de febreiro:
– Escape Room Urbano de Entroido “O REFUXIO DO XENERAL”, de 20.00h a 24.00 horas.
📆Sábado 14 de febreiro:
– Ás 17.00 horas, baile de disfraces infantil, con xogos e merenda no 2.º andar do Mercado.
– Ás 17.30, baile de disfraces para os maiores, na residencia de maiores.
📆Domingo 15 de febreiro:
ENTROIDO TRADICIONAL DE COUSO E SANTA CRISTINA DE VEA (todo o día).
– Encontro de Mini Xenerais de Couso no Souto de Vea ás 17.00 h
– Atranques dos Xenerais de Couso ás 18.30 h no Campo da Festa de Couso.
-Atranques dos Xenerais de Sta Cristina ás 19.00h no Campo da Festa de Santa Cristina.
📆Luns 16 de febreiro:
– Ás 17.00 h concurso de disfraces do Concello da Estrada presentado por Isi, na Praza da Feira e con desfile polas rúas da Estrada con animación do Dj Carlos López.
– 22.00h BAILE DE DISFRACES DE GUIMAREI (Campo da Festa).
📆Martes 17 de febreiro:
– Ás 16.30 h ENTROIDO TRADICIONAL NA ESTRADA con desfile de comparsas parroquiais e dos XENERAIS DA ULLA acompañados polos seus coros. Presentado por PABLO CHICHAS e bendicido polo PADRE XIAO (saída da Rúa Antón Losada e remate na Praza da Feira).
– Ás 18.30 h encontros e vivas dos Xenerais da Ulla de Santa Cristina de Vea na Praza da Feira.
📆Sábado 21 de febreiro:
ENTROIDO TRADICIONAL DE ARNOIS (todo o día)
– Atranques dos Xenerais de Arnois ás 19.00 h no Campo da Festa da Paterna.
– Ás 19:00 h Enterro do Salmón.