Programa da LII Festa do Salmón

O Concello da Estrada presentou, da man da hostalería estradense e da Sociedade Deportiva Río Ulla, a LII Festa do Salmón, que se celebrará na Estrada o vindeiro 17 de maio.

Escolleuse para esta presentación o coto de Couso, nun enclave próximo á ponte de Xirimbao, ata onde se achegaron numerosos pescadores, algúns deles dos máis expertos e antigos da contorna.

Na vertente gastronómica, participarán 15 locais nas xornadas de tapeo (8, 9 e 10 de maio) e 18 restauradores na degustación popular do domingo 17.

Na vertente deportiva, o concurso de Río Ulla, que este ano conmemora os seus 50 anos, será os días 9 e 10 de maio.

No apartado cultural, velaquí deixamos a programación ao completo:

  • XOVES 14 DE MAIO

-20.30h: “As mil e unha” homenaxe de Vero Rilo a Begoña Caamaño – Teatro Principal.

  • VENRES 15 DE MAIO

-18.30h: Inauguración da Exposición de bonsái A Estrada –Sala Abanca.

-22.30h: Latexo Fest – Praza da Constitución.

  • SÁBADO 16 DE MAIO

-09.00h: XV Raid Hípico do Salmón (Campionato galego) –Praia fluvial de Liñares.

-11.00h: Exposición bonsái A Estrada – Sala Abanca.

-12.00 h: Cantos de Taberna na Zona dos Viños.

-17.00h: Exposición bonsái A Estrada – Sala Abanca.

-19.30h: Festival folclórico do Salmón con Tequexetéldere e o grupo Coros y Danzas Villa de Leganés (Leganés) – Teatro Principal.

-22.00h: Concerto de MONDRA – Praza da Constitución.

  • DOMINGO 17 DE MAIO

-11.00h: Exposición bonsái A Estrada – Sala Abanca.

-11.00h: Pregón do Día das Letras Galegas a cargo de Neves Rodríguez – Alameda municipal.

-11.00h: Actuación da Banda de Gaitas de Barbude – Alameda municipal.

-12.00h: Pregón a cargo de Fernando Romay, e imposición de Salmóns de Ouro a Ariadna Silva, Darío Loureiro, AGASP e a

Elvira Fernández – Teatro Principal.

-12.30h: Feira de Artesanía – Rúa Justo Martínez.

-13.00h: Degustación popular de Salmón – Praza da Constitución.

-13.30h: Concerto da BigBand Carlos Barruso – Praza da Constitución.

-17.00h: Exposición bonsái A Estrada – Sala Abanca.

-20.00h: Actuación da orquestra París de Noia – Praza de Galicia.

Scroll ao inicio
Ir o contido