Probas ComDix nivel Intermedio – edición de outubro 2026

De acordo co establecido na Base Primeira do Anexo II da RESOLUCIÓN do 06 de agosto de 2026 (DOG nº 165, do 1 de setembro de 2026), pola que se convocan as probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, no seu nivel Intermedio.

O mércores 02 de setembro se inicia o prazo de inscrición nas probas libres para a obtención do ComDix-Intermedio, probas a celebrar a mediados do mes de Outubro.

Datos principais da convocatoria:

Inicio do prazo de inscricións: mércores, 02 de setembro, ás 00:01 horas

Remate do prazo de inscricións: venres, 11 de setembro, ás 23:59 horas

Onde inscribirse:  na web do CeMIT (https:\\cemit.xunta.gal)

Soamente unha inscrición por persoa participante: unha única localidade, día u hora.

Antes do remate do prazo de inscrición é recomendable que as persoas participantes comproben que figura correctamente rexistrada a súa inscrición na dirección electrónica  https://aulascemit.xunta.es/usuarios, así como os seus datos persoais, que serán os que figuren na certificación de competencias dixitais que se obteña e que emitirá a Amtega.

Scroll ao inicio
Ir o contido