Presentación de Santas Tapas 2026

O Concello da Estrada, a través do seu departamento de Promoción Económica, e Hostaleiros da Estrada presentaron o cartel de Santas Tapas 2026. Estes son os principais detalles:

🔸Xornadas de tapeo que se celebrarán entre o mércores 1 pola tarde ao domingo 5 de abril.

🔸 22 locais participantes

🔸 4 rutas gastronómicas: Río Ulla, Río Umia, Río Liñares e Río Deza

🔸 Tapas a 3€

⭐ NOVO: combo tapa + auga/curto de cervexa por 3,5€, subvencionado polo Concello

🔸 Horario mínimo: de 12.00 a 15.00 horas e 20.00 a 22.00 (a partir de aí, cada local decide).

🎁 Premios:

🔸 2 premios de 1.000€ (500€ para gastar en ACOE e 500€ na hostalaría). Para conseguilos, haberá que completar toda a ruta e probar todas as tapas.

🔸 Para acceder ao sorteo doutros premios, será preciso probar 2 tapas de cada unha das 4 rutas.

Scroll ao inicio
Ir o contido