Imagen Cabecera Común

Presentación da comisión de festas San Paio 2026

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, acompañou este sábado aos integrantes da nova comisión de festas que se encargará de deseñar e organizar o cartel para as patronais da Estrada en 2026.

Tras agradecer publicamente o traballo realizado pola comisión capitaneada por Manuel Gañete en 2025, Louzao aplaudiu o paso adiante deste novo equipo e agradeceu de antemán o esforzo e entrega do seu tempo para que todos veciños da Estrada poidan gozar do San Paio 2026.

A nova comisión está formada por Iván Lorenzo (presidente), José Ramón Blanco (vicepresidente), Ana Cerqueiro (tesoureira), José Luis Terceiro (vogal), Puri Areán (secretaria) e Silvia García (vogal).

Scroll ao inicio
Ir o contido