Imagen Cabecera Común

Presentación da 37ª Feira do Moble de Galicia

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada acolleu esta mañá o acto de presentación da 37ª Feira do Moble de Galicia, que se inaugurará este xoves, 18 de setembro.

 

Ao acto asistiron o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono , o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, José Antonio Rodríguez, a deputada provincial Belén Cachafeiro Anta, Lucía Pedroso, en representación da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, e o presidente da Asociación Comarcal de Empresarios (ACE) da Estrada, José Luis Terceiro.

 

A Feira do Moble celebrarase entre os días 18 e 21 de setembro, con horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas. Terá entrada de balde o xoves 18 e venres 19.

 

O certame contará con 50 firmas expositoras directas, distribuídas en catro pavillóns. O 96% son firmas nacionais, 80% galegas e 16% estradenses.

Scroll ao inicio
Ir o contido