Imagen Cabecera Común

Premios San Martiño de Normalización Lingüística

O Teatro Principal da Estrada acolle esta noite o acto de entrega dos premios San Martiño 2025 á normalización da lingua nun sinxelo acto que terá lugar ás 20.30 horas.

Os galardoados nesta edición son
– O Recuncho da Lingua —a asociación e o programa radiofónico impulsado por Pilar Bernárdez— na categoría comarcal
– O músico Abraham Cupeiro na sección galega
– O médico Ramiro Varela Cives por toda unha vida de promoción da lingua.

O acto estará amenizado polo grupo A Requinta de Lampai

A entrada é libre e gratuíta.

Scroll ao inicio
Ir o contido