Cultura
Pereira Valcárcel, Manuel
Biografía
A Estrada – Pontevedra, 1955
Participou nos libros colectivos Intifada (Santiago, 1989), Homenaxe a Miguel González Garcés (A Coruña, 1991), Comercial (Neda – A Coruña, 1998), Muller de doce sal, Homenaxe a Inés Canosa(vtp, Madrid, 2000),é 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enriquez (Vigo, 2001).
Coordinou, xunto con Vicente Araguas, á edición de En transito. Antoloxia de poesía galega en Madrid(O Castro-Sada, 2001).
Naceu en Ouzande ( A Estrada) no ano 1.955. No curso 66-67, o anterior á entrada en funcionamento do Instituto da Estrada, estudou primeiro de Bacharelato no Colexio Libre Adoptado Inmaculada Concepción. Completou o Ensino Medio en Zaragoza, e cursou Maxisterio en Madrid, cidade na que segue residindo, adicándose profesionalmente á docencia na Educación Primaria.
Practicamente toda a súa obra está inmiscida dentro do ámbito lírico, e así no ano 1.990 atopámonos perante a súa primeira obra POEMAS DE CINZA ( Do autor, 1.990). Tardará inda uns cantos anos en volver a publicar, feito que ocorrerá con TODO MORTE ( Río Xuvia Edicións, 1.998), para continuar con ROSA ÍNTIMA ( Espiral Maior, 2.000), INVENTARIO DE FRAGMENTOS ( Libr. Follas Novas), 2.001) e LIBRO DAS VIAXES ( Litoral das Rías, 2.003).
Verbo de colaboracións súas atopamos coa súa colaboración na obra ANTIFADA (Fundación Araguaney, 1.989 e 2.003). Asimesmo colaborou en HOMENAXE A MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS ( Exma.Deputación da Coruña, 1.991). Tras varios anos volverá a aparecer unha colaboración súa titulada “ Tres cantigas” na obra COMERCIAL ( Río Xuvia Edicións, 1.998). A partir de aquí pezas súas en obras colectivas xa van ser máis cotiás e así temos “ Dicir o teu nome” na obra “ MULLER DE DOCE SAL. HOMENAXE A INÉS CANOSA ( VTP, 2.001); tamén na obra EN TRÁNSITO. POÉSIA GALEGA EN MADRID ( Ed. do Castro, 2.001), obra que coordinou xunto con Vicente Araguas; “ Vel – ahí –vén” en 47 POETAS DE HOXE CANTAN A CURROS ENRÍQUEZ (Edicións Xerais de Galicia, 2.001); “ Viaxe de regreso” en O TRAZO ABERTO
( Exma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2.002 e, finalmente, unha selección da súa obra en 25 ANOS DE POÉSIA GALEGA 1.975 – 2.000 ( II) ( La Voz de Galicia, 2.002).
Tampouco a súa pluma lle fuxiu á narrativa, especialmente ao relato curto, como se pode observar en “ Día de Inverno”, inserido na obra 9º CONCURSO DE CUENTOS GALAICO – LEONESES ( Casa de Galicia de León, 1.992), co que gañou o certame na súa novena edición; “ Ao outro lado” en DEIXADE POIS QUE VOE O PAPORROIBO, QUE NOS CONTE CONTOS ( Edicións O Paporroibo, 1.999) e “ sobremesa” na obra A TEMPO DE FAIOS ( Ed. do Castro, 2.001), co que acadou no accésit ao XXV Premio Modesto R. Figueiredo do ano 1.999).
Tamén é un asiduo colaborador en diferentes medios de prensa escrita, coma “Encrucillada”, “ Luzes de Galiza”, “ Contrarretranca”, “ A Freita”, “ Tabeirós Terra”, “ O Correo Galego”…
Nas convocatorias dos anos 1.999 e 2.000 obtivo mencións de honor no Concurso Xornalístico “ Manuel Reimóndez Portela”.
Obra
Día de inverno
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Xénero: Narrativa
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
Descripción:
Premio IX ed. Casa de Galicia en León.
Días do final
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Editorial: Editorial Galaxia
Descripción:
A morte aparece en primeiro plano indiscutible. O tempo como vencedor inexorable. Páxinas marcadas pola dor e o esgotamento, con palabras sutís que narran os derradeiros días da relación entre un pai e un fillo.
Inventario de fragmentos
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Xénero: Poesía
Editorial: Libreria Follas Novas
Colección: Libros da Frouma
Páxinas: 120
Tamaño: 12,3 x 21,5 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-85385-57-8
Descripción:
Primeiro Premio Rosalía de Castro no XI Certame, correspondente ó ano 2001, promovido pola Casa de Galicia en Córdoba, na modalidade de lingua galega.
Libro das viaxes
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Xénero: Poesía
Editorial: Litoral das Rias
Colección: Hipocampo amigo
Páxinas: 77
Tamaño: 15,0 x 21,5 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-932093-6-8 olibrodasviaxes
Poemas de cinza
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Xénero: Poesía
Editorial: Edición do autor
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
Rosa íntima
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Xénero: Poesía
Editorial: Espiral Maior
Tamaño: 11,5 x 20,5 cms.
Encuadernación: Rústica rosa intima
Sobremesa
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Xénero: Narración
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
Descripción:
Accésit na edición do ano 1999 do concurso de narracións breves Modesto R. Figueiredo.
Todo morte
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Editorial: Edicios do Castro
Descripción:
2ª edición do poemario.
Todo morte
Autor: Pereira Valcárcel, Manuel
Xénero: Poesía
Editorial: Edicións do Castro
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
Descripción:
2ª edición do poemario.