Concello da Estrada

Cultura

Pai Soárez de Tabeirós

Biografía

Segundo os últimos estudos, moi especialmente os  desenrolados pola  profesora Dª Mercedes Brea López, foi  natural  das terras de Tabeirós e é  asimesmo, xunto   co seu  irmán Pero Velho, posiblemente dos máis antigos trobadores galegos ( primeiras décadas do século  XIII), dado que outros  trobadores máis antigos corresponden a trobadores situados  fóra  da Xeografía galega e portuguesa. Pertenceu á pequena nobleza galega e formou parte da que posiblemente sexa a “ primeira corte poética galega” da que temos noticia, a de Dº.  Rodrigo Gómez de Trastámara, Conde de Traba.

 

Consérvanse deste trobador quince Cantigas das cales dez son “ Cantigas de Amor”, tres “ cantigas de amigo” e dúas “ tençó”, unha  que mantén co seu irmán Pero Velho e outra con Martín Soarez.  A maior parte delas figuran no Cancioneiro de Ajuda.

Scroll ao inicio
Skip to content