- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Información Campamentos de verán 2025
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
O programa +Convivir reforza o asociacionismo na Estrada
Este domingo, A Estrada foi escenario dunha nova edición do programa +Convivir, unha iniciativa da Deputación Provincial de Pontevedra que reuniu preto de 900 persoas nunha xornada dedicada a celebrar e fortalecer o tecido asociativo local. O evento, que tivo lugar no pavillón anexo ao Coto Ferreiro, contou coa presenza do presidente da Deputación, Luis López; o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o deputado Javier Tourís, entre outras autoridades.
O presidente da Deputación subliñou a importancia do movemento veciñal na dinamización da vida social e cultural, destacando o compromiso do organismo provincial co apoio ás múltiples actividades promovidas polas asociacións. “Contamos con vós, poñemos recursos á vosa disposición e queremos camiñar xuntos para construír unha provincia mellor, máis xusta, integradora e unida”, afirmou Luis López, poñendo en valor a aposta pola área de Acción Comunitaria nos próximos orzamentos.
A xornada incluíu unha charla formativa sobre o alzhéimer, un obradoiro de risoterapia e unha sesión de traballo funcional, pechando cunha actuación musical e unha degustación de produtos locais. Este encontro forma parte do programa +Convivir, que percorreu municipios como Poio, Cambados e Cuntis, reafirmando o seu obxectivo de crear lazos e dinamizar as comunidades veciñais.
A Estrada séntese orgullosa da implicación dos seus veciños e dun tecido asociativo forte que contribúe a construír un entorno máis unido e participativo.