O Mercadiño
Sala Abanca, A Estrada
ROUPA, LIBROS, XOGUETES…
VEN VENDER O QUE XA NON NECESITAS!
SE TES ENTRE 18-35 ANOS, ESCRIBE A: GALICIACONCIENCIA@GMAIL.COM
Mercadiño sustentable no que as mozas e mozos galegos poidan poñer á venda toda a roupa e aparellos que xa non empregan. Debe terse en conta que, por fortuna, o mercado de segunda man está máis en auxe que nunca, co xordimento de certas aplicacións como Vinted ou Wallapop que permiten comprar toda clase de productos que están todavía en bo estado a un custe menor que se fose a estrear.
Arredor desta idea principal tamén se proxectan outras actividades que reflicten igualmente sobre a necesidade actual de vivir de forma máis acorde coa natureza, coma o obradoiro de alimentación saúdable, no cal se fomentará o consumo de froitas, legumes e verduras de tempada e de proximidade, ou a importancia de coidar a saúde mental, pois corpo e alma é todo un.
O Mercadiño sustentable está proxectado para levarse a cabo na vila da Estrada, na fin de semana 3 a 5 de outubro de 2025.
Obradoiros de:
“Pes que sanan: reflexoloxía podal para o día a día”, por Mari Carmen Matalobos – Venres 3, de 17 a 20 horas
“Iso é legal?: Curso básico de Dereito”, por Rubén Aguilar – Sábado 4, de 11 a 12:30 horas
“Benestar e saúde mental na Xuventude”, por Lucía Baamonde – Sábado 4, de 17 a 18:30 horas
“Suma Saúde”, por Raúl Ares – Sábado 4, 19 a 20 horas
“Qigong e respiración consciente”, por Fernando Salgado – Domingo 5, 11 a 13 horas
