Imagen Cabecera Común

O festival de danza 6 coreógrafas ergue o pano

A V edición do Festival de Danza Contemporánea 6 Coreógrafas abre o outono cultural da vila cunha xeira de actos que abrangue dende charlas e talleres a solos de danza que comezarán o día 3 na Casa das Letras ás 18.00h cunha charla sobre danza organizada pola Fundación Paideia e seguirá a desenvolverse a partir das 13.00h cunha sesión vermú na aula de danza do Mercado e a partir das 18.30 h do sábado na Alameda municipal (aula do Novo Mercado no caso de choiva). O programa inclúe as actuacións de Ixa, Alfonso Medina, Cris Vilariño e Diego Buceta, Laboratorio Escénico, Raquel Ferradás e María de Vicente e Colectivo Glovo.

Cartel do festival

Scroll ao inicio
Ir o contido