- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Información Campamentos de verán 2025
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
O Concello
Home » O Concello » Descubrir A Estrada » Historia
Menu
Close
Historia
No 1836 A Estrada non pasaba de ser unha modesta aldea formada por media ducia de casas á beira dunha intersección de camiños polos que transitaban peregrinos camiño de Santiago procedentes de Portugal e Terra de Montes, así como os que buscaban os baños de Cuntis e Caldas ou as terras de Arousa. Co tempo esta pequena aldea empezou a gañar importancia debido ás transaccións económicas e mercantís que se realizaban nela, ao tempo q cambiou de nome, e pasou a se chamar Estrada, como sinónimo de camiño ou vía.
Nesta época e no territorio que actualmente comprende o Concello da Estrada, asentábanse cinco xurisdicións diferentes: Tabeirós, Codeseda, Vega e Oca, Viso e Vea, unidas en 1837 como “Ayuntamiento de Cereijo” que xa comprendía as 51 parroquias que compoñen o Concello na actualidade.
Posteriormente, movementos revolucionarios en 1840 fan que toda a Corporación sexa destituída e que a nova xestora reivindique o nome de Concello da Estrada. A adhesión en 1875 á Monarquía de Afonso XII tivo como consecuencia que en 1878 pasase a ter tratamento de Ilustrísimo, un tratamento que se elevou en 1912 a Excelentísimo. Nestes primeiros anos de século a vila contaba xa con iluminación pública, mercede ao salto situado no lugar de Pina en Aguións.
Tamén comeza a saír á rúa prensa propia. Do ano 1906 son La Voz del Pueblo e El Eco Estradense; logo virían La Palanca e La Vanguardia. O 15 de setembro de 1920 viu a luz El Emigrado, que deixou de aparecer no 1940 por dificultades oficiais obvias, e así pouco a pouco, introducímonos nos tempos actuais.