O Concello traballa nas alegacións á liña de alta tensión A Estrada-Paizás

O Concello da Estrada contratou unha empresa especializada para analizar as afeccións do proxecto (promovido por Unión Fenosa Distribución) no territorio municipal e asesorar na elaboración das alegacións que presentará a administración local.

Ademais, este asesoramento estará tamén á disposición, de xeito gratuíto, dos veciños e asociacións das parroquias afectadas que desexen presentar alegacións.

O prazo para participar no proceso remata o 10 de outubro.

Nas vindeiras semanas, o Concello convocará reunións nas parroquias afectadas, coa presenza de técnicos, para informar sobre o proxecto e facilitar a participación dos veciños.

Scroll ao inicio
Ir o contido