Novos cadros eléctricos para a alameda municipal

O Concello da Estrada vén de completar unha actuación de mellora da seguridade nos cadros de luz existentes na alameda municipal, unha intervención que estes días chamou a atención de algúns usuarios do parque pola nova estética conferida a estes elementos.

O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, explicou que o fin último desta iniciativa é elevar a protección, garantindo que os cadros sexan completamente estancos e inaccesibles para usuarios externos. Neste senso, indicou que agora só poden ser abertos cunha chave especial de seguridade, de tal maneira que unicamente ten acceso a estes elementos o persoal técnico do Concello, o que suprime o risco de manipulación por persoas alleas ao servizo.

Durán sinalou tamén que a mellora supón un “extra de protección e seguridade” nunha zona frecuentada todos os días pola cativada. De feito, tomando en consideración este emprazamento, os tres cadros existentes na alameda viron minimizado o seu impacto visual cunha estética acorde ao espazo no que se instalan.

Scroll ao inicio
Ir o contido