Novo Posto de Actualización da Documentación
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, o comisario da Policía Nacional en Pontevedra, Juan José Díaz, e o inspector xefe da Policía Local da Estrada, Javier García, presentaron esta mañá o Posto de Actualización de Documentación (PAD) que xa funciona na Casa das Letras da Estrada.
Este servizo permite renovar os certificados do DNI electrónico ou efectuar tarefas como a modificación do contrasinal de acceso, de xeito rápido e sinxelo.
O acto aproveitouse tamén para facer balance do funcionamento, dende o pasado mes de abril, do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) co que a Policía Nacional comezou a desprazarse á Estrada o pasado mes de abril.
A demanda fai que nestes intres sexan tres a visitas mensuais e que, ao remate do ano, vaia situarse arredor dos 700 documentos emitidos.
O servizo evita os desprazamentos a outras localidades para a expedición ou renovación do DNI e pasaporte. A axilidade é tamén importante: en 10 minutos o usuarios marcha do documento na man.
Cómpre lembrar que as citas para a o DNI xestiónanse a través da Policía Local da Estrada. As citas para o 2 de decembro están agotadas e xa está mediado o cupo das dúas seguintes.
Os interesados teñen que chamar para ao 986 570 898