- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Información Campamentos de verán 2025
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Nova canle de comunicación para a xuventude de A Estrada: apoio, asesoramento e representación

O Concello de A Estrada presenta unha nova canle de comunicación creada para ser o espazo de apoio e representación da mocidade estradense. Nesta canle, a xuventude atopará todo o asesoramento necesario para a tramitación de axudas específicas, como as de alugueiro, o carné de conducir, ou para mellorar as súas habilidades nas entrevistas de traballo.
Como ben comenta a nosa concelleira de xuventude, o obxectivo é ofrecer un lugar onde os mozos e mozas se sintan verdadeiramente representados. A través desta canle, non só poderán resolver dúbidas, senón tamén facer chegar as súas suxestións e compartir as súas inquedanzas, contribuíndo a que as súas voces sexan escoitadas e atendidas.
Este novo espazo quere ser, en definitiva, un punto de encontro para impulsar o seu desenvolvemento persoal e profesional, estando sempre ao seu carón para ofrecerlle apoio no que precisen.