Noites Novas

Que ven sendo?
Noites Novas é un proxecto de lecer destinado á poboación moza para promover unha alternativa de lecer nocturno saudable.
Unha proposta que busca dinamizar e promover a participación da mocidade a través de actividades de carácter lúdico e formativas.
Por qué?
A mocidade precisa de espazos activos para poder levar a cabo actividades de lecer saudables.
Por este mesmo motivo, “Noites Novas” pretende ser a alternativa para que, a través de actividades de interese, a xuventude poida ocupar tempos de horario nocturno sen promoción de hábitos tóxicos e consumistas
Que faremos?
“Noites Novas” ten como proposta unha batería de actividades de diversa temática.
Estas están fundamentadas na participación real e activa, no intercambio de experiencias e coñecementos, na interacción dende o encontro cultural de xente nova de diferentes idades e múltiples gustos e intereses.
A mocidade será neste programa a verdadeira protagonista.
Cando?
Todos os sábados dende o 5 de abril ata o 10 de maio de 21.00 a 23.00 h
Onde?
No 2º andar da Praza do Mercado
Axenda.
– 05 de abril, 21.00 a 23.00 h → Escape Room
– 12 de abril, 21.00 a 23.00 h → A Estrada Misteriosa
– 19 de abril, 21.00 a 23.00 h → Maquillaxe creativa
– 26 de abril, 21.00 a 23.00 h → Coctelería 0,0
– 03 de maio, 21.00 a 23.00 h → Furor
– 10 de maio, 21.00 a 23.00 h → Misiles