Cultura
Reimóndez Portela, Manuel
San Miguel de Castro, A Estrada, 1916 – San Miguel de Castro, A Estrada, 1994.
No ano 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada crea na súa honra o “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela” , co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega.
Dáselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense.
No 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural.
San Miguel de Castro, A Estrada, 1916 – San Miguel de Castro, A Estrada, 1994
No ano 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada crea na súa honra o “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela” , co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega.
Dáselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense.
No 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural.
DATAS DUNHA VIDA
1916
Nace o 26 de marzo en San Miguel de Castro. É o primoxénito de catro fillos : Manuel, Lisardo, Adolfo e Mª. do Carme, do matrimonio composto por Maximino Reimóndez Rey e a súa dona Carme Portela Silva.
1925
Con nove anos acompaña a seu pai no seu retorno a Cuba, da que regresaría, a raíz da súa crise económica na época de Machado, en 1931.
1931
Ingresa no instituto de Santiago e posteriormente nos Irmáns Maristas.
1935
Obtén o título de bacharelelato e comeza a carreira de medicina.
1936
Co estoupido da guerra civil, o estudiante Reimóndez pasa a prestar os seus servizos sanitarios no hospital de Santiago e xa incorporado a filas, atende aos feridos nas frontes de León, Teruel, Extremadura e Guadalaxara, para continuar os seus estudos no 1939.
1939
Licenciase na cidade de Oviedo e volta os estudios de medicina na universidade galega.
1942
Remata os seus estudos de medicina. A pesares da súa vasta preparación tanto teórica como práctica, que o facultaría para abrir consulta en calquera cidade do país, o seu amor ás raíces e o seu desexo de poñer o seu saber a disposición dos veciños da súa parroquia natal fai que abra consulta en S. Miguel de Castro, na palleira da casa petrucia sen descoidar en ningún momento os estudios de doutoramento. Nesa época comeza a labrar a súa merecida sona de home preocupado non só polas doenzas do corpo senón tamén da alma e a súa casa queda pequena para recibir a tantas persoas que acuden a el en busca de remedios para a súa saúde e tamén como conselleiro e amigo, polo que dende moi pronto se plantexa a necesidade de crear unha clínica na parroquia de Castro, algo totalmente fóra de uso naquel tempo.
1945
No mes de setembro casa con dona Maria Victoria Fernández de la Torre, maestra nacional, e natural do veciño concello de Boqueixón. Froito deste matrimonio han se-los tres fillos : Manuel Angel, Maria Victoria e José Luís.
1960
Defensa da súa tese de doutoramento, Contribución al estudio vascular de la articulación de la muñeca” que écualificada cun Sobresaínte Cum Laude, acadando o título de Doutor en Medicina e Ciruxía, título do que nunca fixo ostentación pois nas súas verbas prefería ser “D. Manuel ou Señor médico…pero nunca doutor” polo seu afán de humanizar a práctica da medicina e facela máis cercana ó pobo.
1966
Obtén o título de Especialista do Aparato Dixestivo e nos anos posteriores a súa actividade profesional lévao ser Socio numerario da Academia Médico Cirúrxica de Santiago, Socio Fundador da Sociedade Galega de Patoloxía dixestiva e Académico Correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía da Coruña.
1976
Comeza a faceta de escritor comprometido co seu entorno, mostra do seu compromiso activo coa terra, a historia e a arte local. Publica “Guía turística de La Estrada” á que seguirían nos seguintes anos moitos outros títulos, todos eles referidos a aspectos artísticos, históricos, etnográficos, etc do Concello da Estrada.
1978
Preside a comisión que elabora o anteproxecto do Estatuto de Galicia, coñecido como ” O Estatuto dos 16″.
1980
Os amplos e documentados traballos sobre as terras da Estrada e o seu traballo como Presidente do Centro de Iniciativas e Turismo, fanno merecedor da Medalla de Prata o Merito Turistico.
1986
Con motivo da súa xubilacion oficial, recebe en San Miguel de Castro un multitudinario homenaxe.
1987
Sae elexido Alcalde da Estrada.
1994
Fina ó 20 de xuño na súa casa de San Miguel de Castro.
“Manuel Reimóndez Portela na lembranza”
(Edicios do Castro, O Castro, Sada, 1996).
Coordinador: Xoán Andrés Fernández Castro.- Presentación
- “Da lectura e do libro (dúas incursións)” por Xesús Alonso Montero.
- “As primeiras festas do salmón” por Eliseo Alonso Rodríguez.
- “Apuntes a unha biografía de Manuel Reimóndez Portela” por Olimpio Arca Caldas.
- “Onde o mundo se chama camiño” por Carlos Baliñas Fernández.
- “¡Eramos tan novos!” por Roberto Luís Blanco Valdés.
- “A menciña da palabra”.
- “Datos antropolóxicos” por Manuel Cabada Castro.
- “Don Manuel Reimóndez Portela”, por Ramón Campos Durán.
- “Do meu rueiro” por Pepe Carballude.
- “Manuel Reimóndez Portela. Médico e Humanista” por Xosé Carro Otero.
- “Admiración y afecto desde la distancia” por Xosé Manuel Castelao Bragaña.
- “Nenia para un gentil caballero” por Camilo José Cela.
- Isaac Diaz Pardo.
- “Manuel Reimóndez. Coma un perfil nas sombras” por Gustavo Docampo Otero.
- “En recuerdo y homenaje a D. Manuel Reimóndez Portela” por José Espiño Matos.
- “A biblioteca de Castelao en Buenos Aires” por Juan Andrés Fernández Castro.
- “Reimóndez Portela, estradense ilustre” por Antonio Fraguas Fraguas.
- “Un médico na aldea”, por Salvador Garcia Bodaño.
- “Emergencias en Europa de enfermedades prevenibles con vacunas”, por Juan J. Gestal Otero.
- Paco Lareo.
- Laxeiro.
- “Una cuestión que atañe a Galicia en Juan de Mena” por José Lois Estevez.
- “Un home sinxelo do pobo” por Xosé Manteiga Pedrares.
- “Médico de San Miguel”, por Xosé Manuel Martinez Oca.
- “El bayo y la alazana” por Anisia Miranda.
- “Con Manolo Reimóndez na Habana” por Xosé Neira Vilas.
- “Reimóndez, o horizonte da amizade” (“Reimóndez, el horizonte de la amistad”) por Camilo Nogueira Román.
- “Teimosos por ilusionar” por David Otero Fernández.
- “Carta” por José Enrique Otero Fernández.
- Paio.
- “Manuel Reimóndez Portela, promotor y animador turístico” por Alfonso Paredes Pardo.
- “Lembranza dun amigo” por Avelino Pousa Antelo.
- “Reimóndez, cronista de los caminos del Ulla” por Jesús Precedo Lafuente.
- “Don Manuel Reimóndez” por Mariano Rajoy Brey.
- “Un estudio de historia local del Dr. Reimóndez: A Estrada rural” por Ofelia Rey Castelao.
- “Semblanza” por Miguel Ángel Ríos Fenández.
- “Manuel Reimóndez Portela e os teleclubes” por José Luís Rodriguez García.
- Rofer.
- “Soneto” por Marcelino Salgueiro Rodriguez.
- “A un amigo que se foi”, por Mariano Sinde Lema.
- “Don Manuel o médico” por Agustín Sixto Seco.
- Sucasas.
- “Manuel Reimóndez e os cruceiros” por Xosé Carlos Valle Pérez.
- “Manuel Reimóndez Portela” por Alfonso Varela Durán.
- “In memoriam. Aproximación al itinerario de D. Manuel Reimóndez Portela”
- “El médico de San Miguel” por Manoel Veiga Camino.
- Xosé Vizoso.
- “Amistade mías alá da política” por Xosé Arca Pichel; Manuel Sanmartín Obelleiro; Manuel Valladares Souto; Mª. do Carme Viéites Conde.
- “Manuel Reimóndez Portela alcalde de Estrada”, por Antonio Garrido Sanmartín; Antonio Montero Figueiras.
- “Unha lembranza a Manuel Reimóndez Portela”, por Adolfo Reymóndez Collazo; Alfonso Reymondez Portela.
Título | Descripción | Imagen |
---|---|---|
A Estrada | Editorial Everest. Esgotada la guía turística del año 1976, Reimóndez reedita corregida y ampliada para la importante colección de Editorial Everest. | ![]() |
A Estrada Descoñecida | Guía por tomos, relatando didácticamente el conocimiento de las piedras en la Estrada, con dibujos realizados a mano. Multicopiada en colaboración con el Colegio Público del Foxo. | ![]() |
A Estrada rural | Volume de 330 páginas que abarca el estudio más completo sobre el universo de A Estrada y sus 51 parroquias. Incluye historia, orografía, toponimia y mucho más. | ![]() |
A rapa das bestas de Sabucedo | Opúsculo sobre la famosa fiesta de la Estrada. | |
Artículos | Medicina popular en tierras de Tabeirós (A Estrada – Pontevedra). | |
Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra | Estudio de 322 cruceiros en los municipios del noroeste, destacando la curiosidad investigadora de Reimóndez Portela. | ![]() |
El camino a Santiago por el Sudeste | Enfocado en los caminos hacia Santiago, colaborando con expertos locales para recorrer los caminos olvidados desde Ourense a Santiago. | ![]() |
Estudio Médico-Geográfico del partido judicial de la Estrada | ||
Guía turística de la Estrada | Guía completa para conocer el municipio de la Estrada, con detalles históricos y culturales. | ![]() |
Marcas de canteiros de la desaparecida torre de la Barreira | Ponencia sobre la Torre de la Barreira que ayudó a recuperar la memoria histórica de este asentamiento medieval. | ![]() |
O Estatuto dos 16 | Editorial Galaxia. | |
Un médico na aldea | Libro sobre las vivencias de Reimóndez como médico en la aldea, detallando las prácticas médicas entre supersticiones y curanderismo. | ![]() |