Cultura
Mella Villar, Carlos
Biografía
Naceu no Foxo (A Estrada) no ano 1.930. Estudou Dereito na Universidade de Deusto, licenciándose finalmente na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o doutorado na Universidade Complutense de Madrid. É diplomado en Ciencias Económicas pola Soborna e especializouse en temas monetarios e financeiros na Universidade de Harward. É máster en Dereito Financeiro e Tributación. Rematada a carreira, ingresou por oposición no Ministerio de Facenda, no que ocupou os cargos de Xefe do Servicio de Información, Director do Servicio de Anállise Económica, Subdirector e Director Xeral de Política Financeira. Foi asimesmo funcionario da Organización Europea de Cooperación e Desenvolvemento (O.C.D.E.) en París durante catro anos. Foi representante de España nas Nacións Unidas na primeira conferencia mundial sobre Comercio e Desenrolo.
Conselleiro do Banco Hipotecario, conselleiro do Instituto de Planificación Contable e membro do consello de redacción de Economía Financeira Española. Tamén, durante cinco anos, foi profesor da cátedra de Economía Política na Universidade Complutense.
Nese período foi premiado pola Fundación March polos traballos en col dos ciclos económicos. No sector privado, foi presidente do consello de administración de “Carcesa”, de “ Forum Inmobiliario” e de “ Latinoamericana de Financiación”.
Elexido Deputado ao Parlamento Galego, ocupou os cargos de Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Economía. Abandonada a política activa, foi elexido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
A súa obra abrangue os campos da narrativa e do ensaio. No que respecta á narrativa, publicou NON SOMOS INOCENTES (Edicións Xerais de Galicia, 1.990), O PROTOCOLO XAPONÉS (Edit. Compostela, 1.992), BIEITO, BIEITO (Edicións Xerais de Galicia, 1.993), COA PALLETA DISTRAÍDA (Espiral Maior, 1.994) e LUCES DE FISTERRA ( Espiral Maior, 1.995). Canto ao ensaio temos A GALICIA POSIBLE (Edicións Xerais de Galicia, 1.992) e A FALACIA DO ECONOMICISMO (Espiral Maior, 1.994). Finalmente publicou SORTE DO PAXARIÑO (2.004).
Obras
Coa palleta distraida
Autor: Mella Villar, Carlos
Editorial: Espiral Maior
Colección: Novo prelo
Páxinas: 156
Tamaño: x cms
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-88137-44-3
Descripción:
Recopilación de colaboracións periodisticas do autor publicadas no xornal El Correo Gallego entre os anos 1992 e 1994. Orixinal visión de Galicia e os galegos exposta en breves artigos que expresan unhas opinións sen dogmas nin utopías e que ofrecen o lector a posibilidade de se formar a súa propia opinión.
Luces de Fisterra.
Autor: Mella Villar, Carlos
Xénero: Novela
Editorial: Espiral Maior
Colección: Narrativa
Páxinas: 111
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-88137-63-X
Descripción:
Unha visión imaxinaria dunha Galicia futura, se ben xa coñecida, na que nada tivo que trocar para que todo seguira igual. Peripecias imaxinarias duns persoaxes reais narradas con humor incisivo e mordaz.
Non somos inocentes.
Autor: Mella Villar, Carlos
Xénero: Ensaio
Editorial: Xerais
Colección: Crónica
Páxinas: 159
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7507-494-4
Descripción:
Crónica das dúas primeiras lexislaturas do Parlamento Galego narrada por un dos protagonistas duns anos de convulsións políticas, consolidación institucional e loitas polo poder. Realizada con ironía agridulce desde a experiencia personal e a observación da nosa clase política.
O protocolo xapones
Autor: Mella Villar, Carlos
Xénero: Relatos
Editorial: El Correo Gallego
Colección: Biblioteca 114
Páxinas: 98
Tamaño: 15,0 x 21,0 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-85553-108
Descripción:
Esta colección de relatos, recreando situacións dun mundo rural, en boa parte tópico, sobre todo na súa mesma resistencia a renunciar aquilo que dalgún eito o identifica – costumes, crencias, modo de pensar e ser -, poderia crear no lector pouco avisado a impresión dunha fuxida do autor da realidade, da súa propia realidade de político e home público. Impresión que o propio Carlos Mella, virtuoso desa retranca galega tan próxima á ironía clásica, parece especialmente empeñado en nos facer caer.