Concello da Estrada

Roteiro “Castelao na Estrada”

Roteiro “Castelao na Estrada”


21/10/2023

Coincidindo co aniversario do nacemento de Virxinia Pereira e da súa voda con Castelao, o 19 de outubro, a Plataforma Vía Galega en colaboración coa Asociación Cultural “Vagalumes” levará a cabo un roteiro polo noso Concello lembrando a presenza do noso patrimonio na obra deste persoeiro fundamental da nosa historia e da nosa cultura.

O roteiro levarase a cabo do día 21 de outubro, a partir das 16:00 h. Comezará no Pazo de Oca, que inspirou entre outras obras o seu texto “A Marquesiña”, e pasará por distintos elementos do noso patrimonio que figura nas súas obras artísticas: a ponte Liñares, o cruceiro de Ouzamerxe, a igrexa de Guimarei, a Torre de Guimarei e a igrexa de Ouzande. Para rematar a beira da casa de Virxinia, na rúa irmáns Valladares.

Durante o roteiro leranse textos de Castelao referidos a estes espazos e falarase sobre os bens materiais e inmateriais que chamaron a atención deste creador e que deixou recollidos nalgunhas das súas obras pictóricas ou literarias.

Para asistir compre inscribirse na páxina web: www.tabeirosmontes.com antes do xoves 19. Haberá autobuses, segundo o número de inscritos, e de ser así é preciso pagar unha cota de 5€.

 

 

.

Scroll al inicio
Ir al contenido