28/10/2023
PROGRAMA
-> 09.45 h. Andaina comentada da Ruta de Sabucedo.
Saída dende o curro novo. Recollida de cogumelos e castañas durante o paseo.
-> 12.00 h. Xuntanza no Muíño do Mestre. Apertura do Mercadiño de Proximidade e produtos con indicativo de calidade de Galicia.
-> 12.30 h. III Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”, con agasallos para os participantes. Bases na web da Rapa.
-> 12.40 h. Obradoiros de Pan e Filloas.
-> 13.00 h. Charla-Coloquio. “Terra de Montes, Terra de Músicas”co músico Rubén Troitiño.
-> 13.30 h.Aperitivo Musical a cargo do grupo “Airiños de Caldelas”.
-> 14.30 h. Xantar na carpa do Campo do Medio con produtos da Terra de Montes.
-> 16.00 h. Sobremesa Musical “Sabucedo tamén Canta”
-> 16.30 h.Charla: “A Microtoponimia de Sabucedo”, a cargo de Clara Iglesias, profesora de Lingua Galega.
-> 16.50 h.Pase do corto “A Rapa das Bestas” da directora Jaione Camborda, actual gañadora da Concha de Oro do Festival Internacional de San Sebastián
-> 16.45 h.Obradoiro do Samaín para nenos ata 95 anos: Calacús, candeas, vestimentas, maquillaxe..
-> 16.50 h.Obradoiros de Pan e Filloas.
-> 17.00 h.Entrega de Premios do Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”
-> 18.00 h.Mostra-Degustación “Do Muíño á Mesa, os Segredos dunha boa masa” con Dani Pampín. Mellor panadeiro artesal de España (2018)
-> 18.30 h.Cata-Maridaxe con Viños da Ribeira do Ulla, co enólogo Carlos Blanco.
-> 20.00 h. Saída da Procesión da Santa Compaña
-> 20.30 h.Lectura dos Responsos dedicados aos mortos en vida durante a elaboración da Queimada purificadora no curro vello.
-> 21.00 h. Noite do Samaín. Magosto a carón do Teleclube
-> 21.30 h.Monólogo de Cándido Pazó “Aqueles Velorios”
-> 23.30 h.Concerto de “Somoza Trío”... e festa rachada!