Concello da Estrada

Festival folclórico

Festival folclórico


18/05/2024

O día 18 de maio dentro da programación das Festas do Salmón, Tequexetéldere organizará o tradicional Festival Folclórico.
Os convidados deste ano será a A.F. Virgen de las Cruces que veñen dende Daimiel (Ciudad Real)

O espectáculo, que terá arredor de unha hora de duración, dará comezo ás 19 h no Teatro Principal e os convites poderanse retirar no Departamento de Cultura do Concello.

A agrupación Virgen de las Cruces naceu en 1982 e comparte con nós a intención de recuperar, conservar e promocionar a música tradicional, no seu caso na zona de Daimiel. É un dos grupos de referencia do folclore en Castela a Mancha e subirase ao Teatro Principal con xotas, seguidillas, fandango, rondetas, meloneras e manchegas, todas recollidas na zona de Daimiel. Ademais de gozar do seu repertorio, os asistentes poderán coñecer os traxes rexionais típicos desa zona de Ciudad Real. Os bailaríns vestirán o traxe manchego de Daimiel, o de festa e tamén o traxe de diario no mundo da música tradicional manchega.

Pola nosa parte, nós estaremos de estrea con 2 bailes recollidos, un no lugar de Fraíz na parroquia de Olives e outro no Concello de Carballo.

Agardamos vervos

.

Scroll al inicio
Ir al contenido