Concello da Estrada

Campionato Galego Junior de Judo

Campionato Galego Junior de Judo


10/02/2024

O Campionato Galego Junior celebrarase o sábado 10 no pavillón Manuel Coto Ferreiro. A cita terá lugar de 16:00 a 20:00 horas. A participación para a competición será de 150 deportistas desta arte marcial, que ademais, representarán a un total de 24 clubs.

A competición é clasificatoria para o Sector Oeste do Campionato de España Junior Sub 21 e funcionará cunha eliminatoria directa con repesca dobre cruzada, realizándose un combate para lograr o bronce.

.

Scroll al inicio
Ir al contenido