Información sobre o Punto Limpo do Concello de A Estrada
O Punto Limpo é unha instalación municipal gratuíta pensada para que os veciños e veciñas poidan depositar residuos especiais ou voluminosos que non deben ir nos colectores convencionais. O seu obxectivo é facilitar a reciclaxe, evitar verteduras ilegais e contribuír a un Concello máis limpo e sostible.
Localización
Atópase en Penerada (Ouzande).
Horario de apertura
- Xoves e venres: de 9:00 a 13:00
 - Sábados: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00
 - Pechado: domingos, luns, martes, mércores e todos os festivos locais, autonómicos e nacionais.
 
Está totalmente prohibido depositar residuos fóra do horario de apertura ou no perímetro exterior das instalacións.
Os residuos deben entregarse sempre en persoa e durante o horario establecido.
Recollida no domicilio (só con cita previa)
O Concello ofrece un servizo gratuíto de recollida a domicilio para:
- Mobles, sofás, colchóns
 - Electrodomésticos
 - Ferros e obxectos metálicos
 
Para solicitar a recollida é obrigatorio contactar previamente:
- 986 570 030 (opción 6: Alcaldía)
 - Formulario de solicitude
 
Ao contactar, indica: nome, enderezo, teléfono e tipo de residuo.
Non se recollerá nada sen aviso previo.
O Concello informarate da data na que se realizará a recollida. Non se debe deixar nada na rúa antes desa data.
Levar residuos ao Punto Limpo
- Non se precisa cita previa
 - Leva os residuos durante o horario de apertura
 - Non deixes nada fóra das instalacións
 - Identifícate co teu DNI (servizo exclusivo para persoas empadroadas na Estrada)
 - O persoal indicarache onde depositar cada tipo de material
 
Residuos que se poden depositar
Residuos comúns:
- Papel, cartón, xornais e revistas
 - Vidro: botellas, tarros, cristais
 - Bricks, botellas de plástico, latas
 - Ferros e metais
 - Mobles, sofás, colchóns (máx. 2 unidades)
 - Electrodomésticos con e sen CFC (máx. 2 unidades)
 - Entullos de obras menores (máx. 60 kg en sacos de ata 25 kg)
 - Plásticos domésticos (máx. 25 kg)
 - Restos vexetais e de podas (máx. 1 m³)
 
Residuos especiais:
- Aceite vexetal e de motor (máx. 10 L de aceite de motor)
 - Pilas e baterías
 - Radiografías
 - Pinturas, disolventes e vernices (máx. 1 kg)
 - Aerosois (máx. 10 unidades)
 - Fluorescentes e lámpadas (máx. 3 unidades)
 
Residuos que non se admiten
- Roupa sucia ou calzado usado
 - Pneumáticos
 - Materia orgánica (restos de comida)
 - Residuos sanitarios, clínicos ou infecciosos
 - Amianto ou uralita
 - Animais mortos
 - Residuos industriais, agrícolas ou gandeiros
 - Produtos tóxicos sen identificar
 - Residuos radioactivos
 - Calquera residuo que non poida clasificarse como doméstico
 
Consellos prácticos para reciclar
- Leva os residuos limpos e separados por tipo
 - Comprime as caixas de cartón para que ocupen menos
 - Non mestures o aceite vexetal co de motor
 - Transporta bombillas e fluorescentes con coidado
 - Non desmontes os electrodomésticos; entrégaos enteiros
 - O vidro debe ir sen bolsa, directamente ao colector
 - Usa sempre os contedores indicados polo persoal do Punto Limpo
 
O Punto Limpo é un servizo de todos e para todos.
Colabora polo futuro do noso municipio.
Separa ben, recicla mellor e utiliza correctamente o Punto Limpo.
Unha Estrada máis limpa depende de todas e todos.