Concello da Estrada

Información importante sobre a limpeza de fincas

Nos últimos días, moitos veciños de A Estrada recibistes unha notificación do Servizo Agrario Galego (Seaga) para limpar as vosas parcelas que están situadas en zonas de protección contra incendios. Esta medida busca evitar que a biomasa e certas especies vexetais poidan supoñer un risco para as vivendas en caso de incendio, especialmente de cara ao verán.

Prazo de limpeza ampliado ata abril de 2025.

Para facilitar esta tarefa, o Concello da Estrada negociou co SEAGA un prazo ampliado para que poidades facer a limpeza con calma. Agora, tedes ata o 30 de abril de 2025 para completar os traballos.

Paso importante: Para poder beneficiarse deste prazo ampliado, é necesario cubrir un formulario de solicitude de prórroga, onde vos comprometedes a ter a parcela limpa antes desa data.

Documentación e ferramentas dispoñibles:

  1. Lista de especies a limpar:
    As especies que deben ser retiradas das franxas de protección de 50 metros, segundo a Lei 3/2007, inclúen:

Pino galego (Pinus pinaster)
Pino silvestre (Pinus sylvestris)
Pino de Monterrei (Pinus radiata)
Pino de Oregón (Pseudotsuga menziesii)
Mimosa (Acacia dealbata)
Acacia negra (Acacia melanoxylon)
Eucalipto (Eucalyptus spp.)
Brecina (Calluna vulgaris)
Carquesa (Chamaespartium tridentatum)
Retama (Cytisus spp.)
Brezo (Erica spp.)
Piorno (Genista spp.)
Fento (Pteridium aquilinum)
Silveira (Rubus spp.)
Toxo (Ulex europaeus)
Estas especies deben ser xestionadas e eliminadas adecuadamente para cumprir coa normativa de prevención de incendios .

  1. Mapa de franxas de protección: Consulta este mapa para ver se a túa parcela está incluída na zona de protección. Podes velo aquí:
    https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
  2. Consulta a lei completa: Se queres saber máis sobre as normativas, podes ler a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
    https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-10022

Como solicitar a prórroga?

Accede ao formulario de solicitude de prórroga e outros trámites relacionados na nosa web: 

Cubre o formulario e preséntao para formalizar a extensión do prazo.

Precisas axuda?

Se tes calquera dúbida ou precisas axuda para completar os trámites, non dubides en contactar co Concello. Estamos aquí para axudar e asegurarnos de que todos poidades cumprir con esta obriga de forma sinxela e segura.

Scroll ao inicio
Skip to content