Información campamento do mar 2025
O Campamento do Mar 2025 realizaráse nas instalacións do Campamento Xuvenil A Devesa en Ribadeo, do 26 de agosto ó 4 de setembro.
Disponse de 62 prazas , para rapaces/zas de idades entre os 8 e 16 anos.
1. CUSTE DO CAMPAMENTO E CRITERIOS DE ADMISIÓN.
PARTICIPANTES EMPADROADOS
– Inscrición xeral: 120 euros
– Familias Numerosas: 84 euros (3º irmán gratuito cando participen os 3 na actividade)
– Familias Monoparentais: 84 euros
– Varios irmáns
1º irman: 120 euros
2º irman: 84 euros
PARTICIPANTES NON EMPADROADOS
Sen bonificación xeral: 240 euros
O número máximo de participantes será de 62.
No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas existentes, atenderáse segundo a seguinte orde de prioridade:
1. Familias con valoración de risco e /ou especial vulnerabilidade que conten con prescrición técnica das UTS ou Educadora Familiar.
2. Orde de entrada no Rexistro do Concello.
3. Familias non empadroadas no concello.
No suposto de que se dispoña de prazas vacantes poderán participar no campamento nenos/as non empadroados pero non terán bonificación.
2. PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes de inscrición deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello da Estrada(https://aestrada.
PRAZO DE INSCRIPCIÓN : DO 14 AO 21 DE XULLO DE 2025
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
• Ficha de inscrición cumprimentada e coa foto da/o nena/o
• Libro de familia(só se solicita bonificación por 2º irmán participante)
• Certificado de familia numerosa (só se solicita bonificación por familia numerosa)
• Acreditación de ser familia monoparental, no caso de solicitar bonificación.
3. PAGAMENTO.
O dia 5 de agosto publicaráse na páxina web e no tabolerio de anuncios do concello a listaxe de admitidos e reservas.
As persoas admitidas deberán facer o pago dende o 6 ó 14 de agosto no seguinte n.º de conta e achegar o xustificante de pago o departamento de servizos sociais ou no correo electrónico servizossociais@aestrada.gal.
O INGRESO EFECTUARASE NO SEGUINTE NÚMERO DE CONTA
TITULAR: CONCELLO DE A ESTRADA
ABANCA: ES27 2080 0506 2231 1000 0108
ou presencialmente no Departamento de Servizos Sociais.
Documentación a presentar unha vez feito o pago:
• Xustificante de pago
• Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor
• Cuestionario sanitario (facilitado no departamento de servizos sociais).
• Informe médico no caso afirmativo de:
padecer algunha alerxia ou asma
padecer algunha alerxia a algún alimento
padecer algunha alerxia a algún medicamento
recibir algún tratamento
O martes 20 de agosto as 20:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello a reunión informativa coas familias, na que a concelleira e persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais presentará a empresa que desenvolverá o campamento e se dará a información básica de horarios de saída e volta, normas do campamento…etc
NOTA: para a renuncia da praza deberase facer por escrito e no caso de solicitar a devolución do importe aboado seguirase a Regulación dos prezos públicos por servizos ou actividades promovidos polo Concello da Estrada nas áreas de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais, publicación B.O.P.: 23-11-09
Descargar cuestionario informativo.
Descargar Ficha de Inscrición