- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Información Campamentos de verán 2025
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Cultura
Home » González Vigo, Marcial José
Menu
Close
González Vigo, Marcial José
Biografía
Nace una aldea de Ramiráns, Santo André de Vea (A Estrada) no ano 1.945. É técnico Superior de Radiodifusión e Televisión, especialidade en emisións e programación, e Técnico en Relacións Públicas. Traballou na Cadena Ser en varias cidades de España e na COPE de Lugo, en sornáis, axencias de noticias e en Televisión Española. Foi Premio Galicia de Xornalismo no ano 1.985 Quizais o máis salientáble da súa biografía sexa o nacer nunha aldea e vivir de forma temporeira en máis de medio cento de parroquias rurais de Galiza.
Son numerosísimos os premios que acadou ao longo da súa vida profesional na Radio, na Televisión e na Prensa.
No noso idioma ten publicadas dúas obras. A primeira, titulada MEDIO CENTO DE GALEGOS E ROSALÍA ( Ed. Celta, 1.983), en colaboración con Xulio Xiz Ramil, amóanos os guións radiofónicos dos programas que, so o título da obra, foron producidos en Radio Popular de Lugo e emitidos nas emisoras COPE de Galiza, e que acadaron o “Premio Nacional de Radio”, convocado polo Padreado “Rosalia de Castro” co gallo do Centenario da publicación de “Follas Novas”. Posteriormente publicou o extensísimo ensaio (895 páxinas) titulado TERRAS DE LUGO. O libro das parroquias do Concello e da cidade de Lugo (Publinorte de Lugo, 1.996).