Cultura
Garrido Couceiro, Xoán Carlos
Biografía
Naceu na Estrada no ano 1.965. Realizou os seus estudos primarios eo Bacharelato na Estrada, e posteriormente licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela.
Cursou o doutoramento en Antropología. Foi responsable comarcal do Sindicato Labrego e Director da “ Editorial Fouce”. Ten participado en Ponencias na “Semana Galega de Filosofía” e no “Congreso Castelao”. Foi membro do consello de Redacción da Revista “Contrarretranca” Tamén foi membro da “Asociación Cultural A Estrada” durante dúas decadas.
A nivel individual comezou publicando a obra MANUEL GARCÍA BARROS. LOITANDO SEMPRE (Ed. Fouce, 1.995). para continuar con O PENSAMENTO DE CASTELAO (A Nosa Terra, 2.000) e MANUEL GARCÍA BARROS (Ed, Fervenza, 2.002), así como tamén foi autor da edición crítica O PENSAMENTO GALEGUISTA DA POSGUERRA (A Nosa Terra, 1.997). Últimamente publica a obra teatral FALANDO CON BALAS
(Ed. Fervenza, 2.004).
A nivel colectivo ten publicado colaboracións nas máis variadas obras, Así temos: “O concepto de nación en Castelao” nas ACTAS DO CONGRESO CASTELAO (Universidade de Santiago de Compostela, 1.989); “Castelao: nazón e alineación” en O PENSAMEMTO GALEGO NA HISTORIA (Universidade de Santiago de Compostela, 1.990); O pensamento galeguista (o ensaio filosófico de posguerra)” en HISTORIA DA LITERATURA GALEGA (ASPG- A Nosa Terra, 1.996); “Roberto Blanco Torres” en OS MÁRTIRES DO 36 (A Nosa Terra, 1.996); “Propostas metodolóxicas para o estudio do poder local na Galicia. Dos últimos anos da Restauración” en PODER LOCAL, ELITES E CAMBIO SOCIAL NA GALICIA NON URBANA (Universidade de Santiago de Compostela, 1.997); “A democracia na Galiza” en ROBERTO BLANCO TORRES, O COMBATE INCESANTE (A Nosa Terra, 1.999); “O teatro militante de Varela Buxán” en MANUEL DANIEL VARELA BUXÁN. O PATRIARCA DO TEATRO GALEGO (Seminario de Estudios Deza, 2.000); “A imposible victoria de Chinto Crespo” en O SINDICATO DE AGRICULTORES DE TEIS (Asoc. Veciñal de Teis, 2.000), “As causas da crueldade” en MURGUÍA, REVISTA GALEGA DE HISTORIA (Asoc. Galega de historiadores, 2.004) e “Na Estrada entre labregos e agrarios” en PEDRO REY. A PARROQUIA RETRATADA ( Xunta de Galicia-Universidade de Santiago de Compostela, 2.004). Ademais foi colaborador de dúas obras para o ensino: FILOSOFÍA. 1º BACHARELATO (Promocións Culturais Galegas, 2.000) e FILOSOFÍA. 2º BACHARELATO ( Promocións Culturais Galegas, 2.001).
Tamén os seus artigos en diferentes revistas son numerosos, destacando os inseridos nas revistas “Terra e Tempo” e Contrarretranca”.
Obras
A Estrada. Imaxes para a lembranza I

Falando con balas
Autor: Garrido Couceiro, Xoán Carlos Xénero: Teatro Escolar Editorial: Edicións Fervenza Colección: A Pinguela – Teatro Escolar Encuadernación: Rústica ISBN: 84-933317-8-3 Descripción: A través deste texto sobre os últimos días de Bóveda, aparece a realidade máis radical e profunda da ruptura de diálogo entre os seres humanos, que se resolve por medio do asasinato dos máis débiles.Falando con balas
Autor: Garrido Couceiro, Xoán Carlos Editorial: Edicións Fervenza Descripción: A través deste texto sobre os últimos días de Bóveda, aparece a realidade máis radical e profunda da ruptura de diálogo entre os seres humanos, que se resolve por medio do asasinato dos máis débiles.Manuel García Barros – Loitando sempre

O pensamento de Castelao
Autor: Garrido Couceiro, Xoán Carlos Xénero: Ensaio Editorial: A Nosa Terra Colección: A Nosa Terra – Nós os galegos Páxinas: 35 Encuadernación: Rústica ISBN: 84-95350-68-8O pensamento galeguista da posguerra
