Cultura
García Barros, Manuel
Nace en Berres no seo dunha familia labregra. Estudiou Maxisterio, profesión que tivo que deixar en 1936 por represalias politicas. Empezou a colaborar na prensa galega en 1903, facendo popular o pseudonimo de Ken Keirades co que asinaba as súas Rexoubas.
En 1931 publicou Contiños de Terra e en 1972, pouco despois da súa morte, apareceu As aventuras de Alberte Quiñoy, novela na que o autor relata a súa nenez e adolescencia.
Outras obras : Enredos, Dos meus recordos, Contos en Salmoira, Fiunchos.
Dende 1989 o Concello da Estrada ven convocando cada ano o Premio de novela Manuel García Barros (Ken Keirades) , que hoxe é xa un dos máis prestixiosos do país.
DATAS DUNHA VIDA
1876 – 16 DE NOVEMBRO
Nace no lugar de Ulla – Berres no concello da Estrada, nunha familia campesiña.
1905
Remata os estudos de Maxisterio, como alumno libre, na Escola Normal de Santiago de Compostela.
1906
Casa con Carmen Insua Rodríguez e vai vivir para a casa da súa dona, no lugar de Pousada, na paroquia estradense de Callobre. Será o seu fogar definitivo. O matrimonio terá catro fillos.
Sae a rúa, no seu concello natal, o periodico El Estradense, oposto os sectores partidarios do daquela todopoderoso Marqúes de Riestra. García Barros chegou a ser director desta publicación.
1907
Encarcerado pola súa actividade en El Estradense por “supostas calumnias a determinadas autoridades”, como el mesmo deixou escrito nun artigo tras ser posto en liberdade. Os problemas coa xustiza e con algúns sectores da política e da vida social da zona foron frecuentes ó longo da vida xornalística de García Barros.
1908
Vicepresidente da Federacion Sindical Agrícola do Concello da Estrada.
1920
Abre a colaboración có periódico El Emigrado, órgano das Sociedades de Agricultores e Emigrados da zona da estrada. No número 3 desta publicación – 15 de outubro – iniciou a sección Contiños da terra, co relato titulado “Camiño da montaña”.
1923
Logra despois de varios intentos e decepcións, praza oficial como mestre. O seu primeiro destino foi a parroquia estradense de Rubín.
1924
En xaneiro iniciou en El Emigrado a sección titulada Rexoubas, coa que empeza a empregar o pseudónimo Ken Keirades, e que, como os contiños tanta sona lle daría.
Premiado no certame literario promovido pola Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela polo seu conto O fubol en Malpocados, un dos relatos máis orixinais da súa traxectoria.
1929
Logra co traballo Falemos na nosa fala o primeiro premio nun certame de exaltación da muller galega, celebrado na cidade de Pontevedra.
1930
Editase na Coruña Falemos na nosa fala. A edición deste breve traballo foi custeada por emigrantes estradenses con motivo do Día de Galicia.
1931
Publicación en libro de Contiños da Terra. A edición, feita na Coruña pola editorial Nós, contou co apoio económico das sociedades de emigrados da Estrada en Buenos Aires e La Habana.
1936
Ten que rematar, debido á nova situación política, a exitosa colaboración con El Emigrado, periódico que se seguirá editando pero nunha liña de aproximaciónó novo réxime político.
30 de agosto
O novo réxime político, a través do gobernador civíl de Pontevedra, suspéndeo de emprego e soldo como mestre, debido á súa traxectoria social e cultural
1940
Unha orde ministerial confirma a súa separación definitiva da docencia.
1941
Morre, os 63 anos de idade, a súa dona Carmen Insua.
1942
Conclue a redacción da novela As aventuras de Alberte Quiñoy.
1949
Un certame literario do Centro Galego de Buenos Aires considera As aventuras de Alberte Quiñoy unha das catro obras presentadas a concurso con “meritos suficientes para poder obter o primeiro premio”.
1952
Segunda edición de Contiños da Terra, feita en Buenos Aires cos auspicios do Centro Cultural do Partido da Estrada.
1955
Andando xa os oitenta anos, trasladáno durante uns días ó Cárcere Provincial de Pontevedra. O motivo foi que durante un rexistro policial na súa casa de Pousada atoparan na mesma revistas e documentación consideradas contrarias ó réxime político e social imposto.
1957 – 31 DE MARZO
Nomeado correspondente da Real Academia Galega.
1958
Inclúe no seu testamento a famosa cláusula na que recorda o seu amor a Galicia e fai votos para un futuro mellor para a mesma.
A profesora arxentina Cecilia Alcoba de Abril reúne material literario de García Barros en Buenos Aires – entre o que se atopa a copia orixinal de As aventuras de Alberte Quiñoy e trasladao a Galicia. Anos despois xa morto o escritor, remitirá a súa familia máis documentación.
1972 – 12 DE ABRIL
Morre na súa casa de Pousada – Callobre. Foi soterrado no cemiterio parroquial de San Martiño de Callobre.
En outono publicase en Vigo a primeira edición de As aventuras de Alberte Quiñoi.
BIBLIOGRAFIA
- ALFONSIN, T : “Lo que es Garcia Barros y lo que se merece”. El Emigrado, nº 75, A Estrada 1922, p.2
- ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, E., “Limiar”, en Manuel García Barros, Aventuras de Alberte Quiñoi, Col. Pombal, Edit. Castrelos, Vigo, 1972, pp. 7-10.
- ARIAS, V, Aventuras de Alberte Quiñoi por M.G.B., Grial, nº. 41,1973, pp. 380-381
- CABANA, D. X., “Na morte do Patriarca Manuel García Barros”, Galicia, maio-xuño, 1972, 39.
- CABANA, D. X.,”Conferencia”, Casino da Estrada, 11V111973. (Inédita).
- CARBALLO CALERO, R., Historia da literatura galega contemporánea, Edit. Galaxia, Vigo, 1981, 3ª. ed., pp. 555-557.
- C0UCEIR0 FREIJOMIL, A., Diccionario bio-bibliográfico de escritores, vol. II, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, Santiago de Compostela, 1952. pp. 125-126.
- COUCEIRO FRIEJOMIL, A.,El idioma gallego. Historia gramática. Literatura, Casa Editorial Alberto Martín, Barcelona, 1935, p. 463.
- FERNÁNDEZ DEL RIEGO, E., Historia da literatura galega, Edit. Galaxia, Vigo, 1971, 2ª. ed., p. 179.
- FERNÁNDEZ DEL RIEGO, E., Diccionario de escritores en lingua galega, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1992, 2ª. ed., p. 166.
- FERNÁNDEZ DEL RIEGO, E., O río do tempo. Unha historia vivida, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1990, pp. 107-108. 224.
- FERNANDEZ-OXEA, X. R., (BEN-CHO-SHEY), “Ken Keirades, decano das letras galegas”. Revista Chan, ano 1, nº. 17, Santiago de Compostela, novembro do 1969.
- FERNÁNDEZ-OXEA, X. R., (BEN-CHO-SHEY), “Ken Keirades, decano das letras galegas”. en Galicia no corazón. Edicións do Castro, A Coruña, 1977, pp. 138-140.
- FERNÁNDEZ-OXEA, X. R., (BEN-CHO-SHEY), “Ken Keirades”, en El Progreso, Lugo. 19/IV/1972.
- FREIXEIRO MATO, X. R., “Manuel García Barros, un rebelde con causa”, A Nosa Terra, nº. 609, Vigo, 1994.
- FREIXEIRO MATO, X. R., Cos pés na terra. Personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros, Edicións Fouce, A Estrada. 1998.
- GARRIDO COUCEIRO, X. C., “Manuel García Barros”, Edicións Fervenza, A Estrada. 2002.
- GARRIDO COUCEIRO, X. C., “Manuel García Barros, loitando sempre”, Edicións Fouce, Lugo. 1995.
- LORENZANA, S., “Un home sinxelo”, Grial, nº. 36, Vigo, 1972. p. 251.
- LOUREIRO RODRÍGUEZ, C. e OREIRO PENSADO, X., “Edición, introducción e notas”, en Aventuras Alberte Quiñoi, Edit. Vía Láctea, A Coruña, 1990.
- LOURENZO, M. e PILLADO MAYOR. E., “García Barros, Manuel”. en Diccionario do teatro galega, Sotelo Blanco Edicións. Barcelona, 1987, p. 72.
- MARTÍNEZ PEREIRO, J., “Prestigios literarios: García Barros”, El Emigrado, nº. 73, A Estrada, 1922, p. 1.
- OTERO PEDRAYO, R., “Los ochenta y dos años de un buen gallego”, La Noche, Santiago de Compostela, 15-XI-1958.
- RODRÍGUEZ, M. E, Manuel García Barros. Xunta de Galicia. Col. A Nosa Memoria, 1996.
- RODRÍGUEZ FRÁIZ, A., “La tierra estradense besa a su poeta”, Diario de Pontevedra, 16/IV/1972. / Rev. Galicia, Bos Aires, maio-xuño, 1972.
- SOTO FERNÁNDEZ, L., “Os homes i as ideias. Otero Pedrayo e Ken Keirades”, Vieiros, nº. 2, México, 1962.
- TARRÍO VARELA, A., Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Ed. Xerais, Vigo, 1994, pp. 343-345.
- VILANOVA RODRÍGUEZ, A., “García Barros, Manuel”, en Gran Enciclopedia Gallega, tomo 15. Silverio Cañada Editor. Gijón. 1974, p. 166.
- VILAVEDRA, D., (Coord.), “García Barros, Manuel”, en Diccionario da literatura galega, I. Autores. Ed. Galaxia, Vigo. 1995, pp. 246-247.
- VV. AA., Encontros para un estudio (actas). Manuel García Barros: unha vida, unha obra, un pensamento, Concello da Estrada, 1992. (Inéditas).
Artigos
Autor: García Barros, Manuel
Xénero: Artigos Longos
Descripción:
Sobre lo discutible y lo indiscutible
Para el buzón del Padre P.
Lembranzas de Vigo
Sonata de San Xoán
Título: Aventuras de Alberte Quiñoy
Xénero: Narrativa
Editorial: Via Lactea Editorial
Descripción:
Biografia da infancia e primeira mocidade de Alberte Quiñoy, o “Quiñolas”, un neno labrego do derradeiro cuarto de seculo pasado e seu pechado mundo aldeán.
A 1º edicion, feita uns meses despois da súa morte, rescata do esquecemento un feixiño de follas gastadas que, no seu conxunto eran nin maís nin menos que unha das máis entrañables e precisas narracións sobre o mundo rural galego de sempre.
Título: Aventuras de Alberte Quiñoy
Xénero: Narrativa
Editorial: Edicións Castrelos
Descripción:
Biografia da infancia e primeira mocidade de Alberte Quiñoy, o “Quiñolas”, un neno labrego do derradeiro cuarto de seculo pasado e seu pechado mundo aldeán.
A 1º edicion, feita uns meses despois da súa morte, rescata do esquecemento un feixiño de follas gastadas que, no seu conxunto eran nin maís nin menos que unha das máis entrañables e precisas narracións sobre o mundo rural galego de sempre.
Título: Carta da Habana
Xénero: Teatro
Editorial: Edicións Fervenza
Descripción:
Unica obra teatral de Garcia Barros, composta por 204 versos, con dous personaxes ( os xoves “el” e “ela” ) e basada no ciclón que arrasou a illa de Cuba ó 20 de outono de 1926.
Foi representada con notable exito no Salón Novedades da Estrada nas noites do 11 e do 16 de nadal de 1926 polos nenos Memela Otero e Pepucho Boade, como parte das veladas a favor dos damnificados do ciclon no que se inspira.
Obra teatral “menor”, que case nin aparece nas historias do noso teatro, mais é importante considerala pola súa forma, porque amosa unha circunstancia histórica e porque é fiel reflexo do pensamento do autor.
Título: Contiños da terra
Xénero: Narrativa
Editorial: Edicios Xerais, Hnos. Carporaletti, La Voz de Galicia
Descripción: Colección de contos ou anécdotas de raíz oral e popular que xa de por si merecen perdurar. García Barros soubo darlles ademais, unha estructura formal e un soporte dignos.
Nunha lectura actual a valoración que se afianza é a dunha obra reveladora e necesaria, que non acaba de quedar escurecida tras un ton inicial ruralizante e humorístico-popular.
Coa súa primeira edición en 1931 (Editorial NÓS), converteuse nun éxito de ventas dentro das estreiteces do momento.
Colección de contos ou anécdotas de raíz oral e popular que xa de por si merecen perdurar. García Barros soubo darlles ademais, unha estructura formal e un soporte dignos.
Nunha lectura actual a valoración que se afianza é a dunha obra reveladora e necesaria, que non acaba de quedar escurecida tras un ton inicial ruralizante e humorístico-popular.
Coa súa primeira edición en 1931 (Editorial NÓS), converteuse nun éxito de ventas dentro das estreiteces do momento.
Título: Contos de Salmoira
Descripción: Contos curtos ineditos.
Título: Dos meus recordos
Xénero: Narrativa
Editorial: Editorial Galaxia
Descripción: Tratase dunha miscelanea de caracter autobiografico na que García Barros conta, con humor e amenidade, moitos dos casos e cousas que deixaron pegada na súa memoria.
A edición é de Carlos Loureiro e nela engadese o apartado titulado Dos tempos idos, que o autor proxectaba que figurase como terceira parte dunha obra mais extensa, na que tamen estarian os Enredos e Dos meus recordos.
Título: Dos tempos idos
Descripción:
Relatos curtos sobre acontecemos pasados e ineditos ata a súa inclusión na edicion de Dos meus recordos .
Título: Enredos
Xénero: Narrativa
Editorial: Editorial Galaxia
Descripción: Nestes breves relatos están presentes os trazos que definen a obra literaria de García Barros : humor costumista, progresismo ideolóxico e amor á terra, á lingua galega e ás xentes que a falan.
A obra estivo inedita ata agora a pesar dos intentos que o seu autor fixo en vida para que estes relatos visrn a luz, inda que fóra do pobono que foron enxendrados.
A edición do texto estivo a cargo de Carlos Loureiro, conten trinta e catro relatos, os cinco ultimos engadidos xa que non figuraban no proxecto do autor pero que si estaban nun antigo proxecto dunha obra titulada Fiunchos, que contiña catorce relatos, e que todos foron inseridos por Garciá Barros en Enredos, agás os cinco antes nomeados.
Inclúe un limiar, escrito por Ramón Otero Pedrayo en 1960 e outro do propio autor datado no Antroido de 1959.
Título: Falemos na nosa fala
Xénero: Narrativa
Descripción:
Folleto financiado por galeguistas estradenses do traballo que obtivo o primeiro premio no Certamen Literario de Exaltación da Muller Galega celebrado en Pontevedra en 1929.
Título: Fiunchos
Xénero: Narrativa
Descripción: Serie de contos que García Barros escribiu coa finalidade de seren presentados para un concurso literario do ano 1952, baixo o lema de “De nós para nós” e co pseudonimo de Axouxaro. Os contos figuraban en Enredos, agás cinco de eles que si se incluen na edición do ano 2000.
Título: O Ciridonio
Editorial: Edicións Fervenza
Descripción: Adaptación teatral feita por David Otero, do texto original do mesmo título de Manuel García Barros, do seu libro Contiños da terra.
Título: Poesía
Descripción:
- O Gaiteiro de Soutelo.
- Os Gaiteiros de Callobre.
- Saudade.
- ¡ Que coloradiña !.
- Oración de medianoite.
- O saramago verde.
- Maruxiña douche os ollos.
- Que n´habia de ser certo.
- Romance da chegada do barco.
…