Imagen Cabecera Común

Formación RCP (reanimación cardiopulmonar). Libre e gratuita

O vindeiro día 24 de maio no MOME en horario de 10.00h a 13.00h terá lugar unha xornada de formación en RCP (Reanimación Cardiopulmonar).

Será de acceso libre, gratuito e dirixido a toda a poboación. Non é necesario inscribirse.

As formacións duran uns 10 minutos aproximadamente e, na franxa horaria anteriormente citada, as persoas que o desexen pódense achegar cando queiran.

O obxectivo é crear unha rede de poboación formada en RCP no noso concello, de tal xeito que poida acudir a realizar as manobras de reanimación mentres chegan os servizos de emerxencia.

Scroll ao inicio
Ir o contido