Imagen Cabecera Común

Fin de semana de música na Estrada: Xabier Díaz na noite do sábado e Festival dos Arrieiriños, o domingo

A Estrada está preparada para vivir unha fin de semana marcadamente musical baixo a carpa de gran formato instalada na Praza da Constitución.

A primeira cita será o sábado, cando o ciclo Orballo Cultural recalará na vila da man de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Su Garrido Pombo. Ofrecerán un espectáculo gratuíto, dentro dos Concertos do Xacobeo, que arrancará ás 20.00 horas.

E o domingo, o Concello da Estrada converterase na sede do primeiro festival pop-rock infantil de Galicia co bautizado como Festival dos Arrieriños. Será dende as 18.00 horas, tamén con entrada de balde. O programa inclúe as actuacións de Pakolas (18.00 horas), Uxía Lambona (19.00 horas) e Broken Peach (20.00 horas).

Scroll ao inicio
Ir o contido
Scroll ao inicio
Ir o contido