Festival de cultura urbana na Estrada os días 20 e 21 de xuño
O colectivo A Fume de Carozo organiza, coa colaboración do Concello da Estrada, un festival de cultura urbana aberto á participación de todas as persoas interesadas para os días 20 e 21 de xuño. Terá como localización de referencia a Rúa 25 de Xullo, programando tamén actividades na estación de autobuses da vila.
A proposta inclúe obradoiros de grafiti, skate ou serigrafía, xunto con actividades de novela gráfica ou batallas freestyle.
Deste xeito, o acordo entre A Fume de Carzo e os propietarios dun longo muro de formigón en 25 de Xullo brindará un lenzo sobre o que pintarán 15 artistas referentes do mundo do grafiti. Comezarán a pintar na tarde do venres 20 e continuarán durante toda a xornada do sábado 21.
O sábado haberá un obradoiro gratutíto para aqueles que queiras iniciarse no grafiti, pensando especialmente nos máis pequenos. Para participar é preciso inscribirse a través da conta de Instagram @afumedecarozo_jam. A actividade será na zona da Cañoteira, de 11.00 a 13.30.
O venres 20 haberá obradoiro de debuxo, de 18.00 a 19.00 horas, e unha charla de novela gráfica (de 19.00 a 20.00) Tamén skate (de 16.00 a 20.00). O sábado, de 11.30 a 14.00, serigrafía en vivo (Estación), con skate de 10.00 a 16.30 e batallas freestyle de 17.00 a 21.30.