Axenda Eventos
Axenda Cultural

Xornada informativa sobre traídas de auga veciñais.

📅 Data: 18 Febreiro 2026
Hora: 19:00 h
📍 Lugar: Sala MOME
✍️ Autor: Concello da Estrada
O Concello da Estrada, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza unha sesión informativa dirixida ás comunidades de usuarios de auga no ámbito rural.
Nesta xornada abordarase información práctica sobre:
  • Plan Sanitario da Auga.
  • Control da calidade e toma de mostras.
  • Mantemento das instalacións.
  • Obrigas legais e documentación.
  • Acceso a subvencións (plans +Aqua e Novaqua).
Tamén se exporán casos reais e haberá un espazo para resolver dúbidas, co obxectivo de facilitar a legalización das traídas e a mellora de depósitos, tubaxes ou sistemas de potabilización.Unha oportunidade para reforzar e apoiar un servizo fundamental no noso rural.
  
Scroll ao inicio
Ir o contido