Axenda Eventos
Axenda Cultural

Volven As Santas Tapas A Estrada

📅 Data: 1 Abril 2026
📍 Lugar: A Estrada
🎟️ Prezo: 3€ tapa
✍️ Autor: Hosteleiros da Estrada
Un ano máis chega unha das citas gastronómicas máis esperadas da Semana Santa.

XIII edición Santas Tapas.

Do mércores 1 ao domingo 5 de abril, 22 locais do noso casco urbano abrirán as súas portas para ofrecerche propostas culinarias únicas, repartidas en catro rutas:

  • Río Ulla
  • Río Umia
  • Río Liñares
  • Río Deza.

Cada tapa ten un prezo de 3 euros, pero este ano estréase unha novidade moi especial: o formato combo, que por só 3,50 € inclúe a tapa e unha consumición (auga ou curto de cervexa).

Estes combos están financiados polo Concello da Estrada e haberá un total de 3.500 unidades dispoñibles para mercar en calquera dos locais participantes entre o 20 e o 29 de marzo. E o mellor de todo: non é necesario consumilos no mesmo local onde os compres, podes usalos en calquera dos establecementos participantes.

¡Dáte presa, que voan!

En xogo hai dous premios de 1.000 euros para quen complete todas as tapas das catro rutas, ademais doutros premios para os que proben polo menos dúas tapas de cada ruta.

Scroll ao inicio
Ir o contido