V Ciclo “Marzo, con M de Muller”
No Recreo Cultural seguimos facendo de marzo un mes para celebrar, reflexionar e poñer en valor ás mulleres galegas -as de onte e as de hoxe- que constrúen cultura, pensamento e identidade.
Un programa que aposta pola educación en valores, pola igualdade, pola dinamización da nosa cultura e da nosa lingua a través de figuras e propostas que deixan pegada.
Programa 2026:
• Domingo 8 de marzo
11:00h – Contacontos “Escola de Dragóns”
12:30h – Obradoiro familiar “Poemas Pintados” (Imparte: Donde Viven Los Cuentos)
Unha mañá divertida e familiar para mergullarnos no universo de Rosalía de Castro.
• Sábado 14
12:00h – Xogos de Escape “Machismos Invisibilizados” Anacos Educativos
Unha proposta participativa para aprender, cuestionar e avanzar xuntas e xuntos
• Mércores 18
20:30 h – Visita de Elena Ferro (actividade aberta)
Artesá e deseñadora galega recoñecida internacionalmente polo seu traballo coa tradición do calzado de madeira e pola creación das coñecidas Zocas contemporáneas.
• Venres 27
20:30h – Visita de Cristina Pato (actividade aberta)
Música, escritora, educadora e produtora. Compartirá unha charla coloquio sobre a súa traxectoria e presentaranos a súa novela Fóra de Foco. Un luxo contar cunha referente internacional que leva Galicia no corazón
Agardámoste!!!

