Axenda Eventos
Axenda Cultural

SEMINARIO INTERNACIONAL, EMOCIÓNS E EDUCACIÓN, UN DEREITO. AS ARTES COMO VÍNCULO EMOCIONAL

📅 Data: 17 Abril 2026
Hora: 15:30 h
📍 Lugar: MOME
✍️ Autor: Grupo de Investigación Terceira Xeración (GI-TeXe) Universidade de Santiago de Compostela Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Entender e circunscribir o impacto da universidade na formación de futuras e futuros profesionais nos distintos campos do saber supón unha visión parcial da verdadeira misión desta institución. O seu sentido parte da formación de persoas competentes en diferentes áreas de coñecemento, de forma paralela á pertenza e á orientación do seu quefacer cara a un propósito lexitimado pola responsabilidade e pola incidencia no social, o que se coñece como “Terceira Misión”.

Ao mesmo tempo, e cumprindo con esta premisa, as institucións universitarias teñen o dereito e a obriga de se erixir como mecanismos de transformación social e, en 2 consecuencia, de repercutir positivamente na súa contorna. Por todo iso, a realización de actividades de formación e divulgación que compartan sinerxías entre a universidade e o tecido social cobran un sentido especial á hora de falar de transferencia de coñecemento, artellando a investigación en diferentes saberes coas demandas e necesidades sociais da comunidade. Aumenta así a colaboración e o diálogo entre os diferentes axentes e poténciase que ese coñecemento compartido, sexa transformador.

No marco deste seminario abórdanse temáticas que teñen impacto no social e, ademais son urxentes no momento actual que vivimos. A educación afectivoemocional, elemento básico do benestar, a implicación e participación efectiva das persoas maiores, o papel do tecido social, o recoñecemento da diversidade e a convivencia e a sustentabilidade son elementos vehiculares no ámbito da investigación en ciencias da educación, entendendo desta forma o dereito a unha educación de calidade como unha parte insoslaiable do avance e do empoderamento das sociedades.

Agardamos que este seminario axude e motive a seguir construíndo unha universidade ao servizo das persoas.

Liñas temáticas

Baixo o lema «Emocións e educación, un dereito. As artes como vínculo emocional» o seminario abordará catro liñas temáticas fundamentais de traballo:

  • Emocións, educación e artes.
  • Emocións, educación e migracións.
  • Emocións, educación e sostibilidade.
  • Emocións e educación de maiores.

Programa científico

Venres 17 de abril

  • 15:30-16:00 h. Apertura da Secretaría Técnica e recepción de participantes.
  • 16:00-16:30 h. Inauguración.
  • 16:30-17:30 h. Relatoría inaugural: Dereito a unha educación integral: contando coas habilidades brandas e as emocións.
    Dra. Dª. Pilar Montañés Muro. Universidad de la Rioja
    Presenta Dª. Nelly Fortes González. Universidade de Santiago de Compostela
  • 17:30-18:00 h. Pausa café e pósteres.
  • 18:00-20:00 h. Mesa redonda. Emocións e dereito á educación. As persoas migrantes.
    Dr. D. Gustave Diouse. Universidade Gaston Berger Saint Louis de Senegal
    Dra. Dª. Julía Diz López. Universidade de Santiago de Compostela
    Dª. Mohamed Said Hamdad. Ecos do Sur
    D. Ousmane Gomis. Profesor de Educación Secundaria en Senegal e Universidade de Santiago de Compostela
    Coord.: Dra. Dª. María González Blanco. Universidade de Santiago de Compostela

Sábado 18 de abril de 2026

  • 10:00-11:00 h. Relatoría. Emocións e Educación. A necesidade de defender a formación integral.
    Dr. D. Francisco L. Chinchilla Hernández. Universidad de la Rioja
    Presenta: Dra. Dª. Carmen Gómez Gómez Universidade de Santiago de Compostela
  • 11:00-12:15 h. Mesa Redonda. ODS 4. Educación e benestar na Axenda 2030.
    D. Marcos Pequeño Goris. Universidade de Santiago de Compostela
    Dª. Stefany M. Sanabria Fernandes. Universidade de Santiago de Compostela
    Dª. Lorena Boga García. Ayuda en Acción e Campaña Mundial pola Educación
    Coord.: Dra. Dª. Silvana Longueira Matos. Universidade de Santiago de Compostela
  • 12:15-12:30 h. Pausa café e pósteres.
  • 12:30-13:00 h. Proxección: «Camiños conectados».
  • 13:00-14:00 h. Debate: Benestar, artes e educación ao longo da vida.
    D. Manolo Gómez Santos. Cineasta e pintor
    D. Juan Salvador López Outeiral. Compositor e músico
    Coordina: M. Esther Olveira Olveira. Universidade de Santiago de Compostela
  • 14:00-16:00 h. Xantar libre
  • 16:00-17:15 h. Panel de experiencias: Emocións, escola e metodoloxías innovadoras.
    Dra. Dª. Gema Guevara Rincón. Universidad de Murcia
    Dra. Dª. Carmen Gómez Gómez. Universidade de Santiago de Compostela
    Dra. Dª. M. Isabel Novoa Pérez. Universidade de Santiago de Compostela
    Coord.: Dª. Stefany Sanabria Fernandes. Universidade de Santiago de Compostela
  • 17:15-18:00 h. O cinema do cotiá como espello do universo emocional
    D. Álvaro Dosil Rosende. Universidade de Santiago de Compostela
  • 18:00-18:15 h. Pausa café e pósteres
  • 18:15-19:30 h. Mesa redonda: Acceso aos dereitos culturais. As artes e a educación como ferramentas de benestar. Acceso aos dereitos culturais. As artes e a educación como ferramentas de benestar.
    D. Álvaro Dosil Rosende. Universidade de Santiago de Compostela
    Dª. Nelly Fortes González. Universidade de Santiago de Compostela
    Dra. Dª. María González Blanco. Universidade de Santiago de Compostela
    Coordina: D. Marcos Pequeño Goris. Universidade de Santiago de Compostela
  • 19:30-20:00 Clausura das xornadas

Participación

Contémplanse a asistencia presencial e en liña baixo dúas modalidades:

  • Asistente.
  • Asistente con póster.

As persoas que estean inscritas e asistan ao 80% do programa recibirán un certificado de asistencia cun recoñecemento de 12 h.
As propostas de pósteres serán enviada ao mesmo tempo que se realiza a inscrición, a través do formulario habilitado no sitio web do evento. Ademais dos datos persoais, as persoas interesadas en presentar un póster, deberá indicar o título, entre 3-5 palabras chave e un resumo de non máis de 250 palabras. As propostas serán enviadas ata o 5 de abril. Cada contribución será avaliada polo Comité Científico por un procedemento de pares cegos. O Comité Organizador fará chegar a decisión á persoa de contacto antes do 10 de abril.
As autorías dos traballos deberán deseñar as propostas gráficas nun formato de A1 (59,4 x 84,1 cm) e deberá entregalo impreso o primeiro día do seminario á Secretaría Técnica (ás 15:30 h.). Os pósteres estarán expostos na Sala do Mome ao longo de todo o evento. Poderán ser recollidos o sábado ao finalizar a sesión da tarde.A organización resérvase o dereito para adoptar a decisión final. Quedarán excluídos aqueles pósteres que non se axusten fielmente ao resumo remitido para a súa avaliación ou que, en calquera forma, vulneren os dereitos fundamentais.
A presentación de pósteres será recoñecida cunha certificación.

Inscrición e cotas

A inscrición realizarase a través do formulario habilitado no sitio web do evento.
Os xustificantes das condicións de exención de cota e os xustificantes de pago segundo proceda, enviaranse a través do mesmo formulario.

Cotas:

  • Só asistencia (presencial ou en liña): 10 euros.
  • Asistencia (presencial ou en liña) con presentación de póster: 30 euros.
  • Asistencia persoas censadas na Estrada e estudantes da Universidade de Santiago de Compostela: gratuíto.

Os ingresos realizaranse no núm. de conta ES56 0075 8916 5206 0031 4739.

  • – Destinatario: Escola de tempo libre Don Bosco.
  • – Concepto: Nome e apelidos da persoa que realiza a transferencia e seminario. Exemplo: Apelidos, Nome – Seminario
Scroll ao inicio
Ir o contido