Axenda Eventos
Axenda Cultural

SANTAS TAPAS 2026

📅 Data: 1 Abril 2026
📍 Lugar: A Estrada
🎟️ Prezo: 3.00 Prezo tapa
✍️ Autor: Hosteleiros da Estrada

XXIII EDICIÓN DE SANTAS TAPAS

Do 1 ao 5 de abril

O Concello da Estrada, a través do seu departamento de Promoción Económica, e Hostaleiros da Estrada presentaron o cartel de Santas Tapas 2026. Estes son os principais detalles:.

  • 🔸Xornadas de tapeo que se celebrarán entre o mércores 1 pola tarde ao domingo 5 de abril.
  • 🔸 22 locais participantes
  • 🔸 4 rutas gastronómicas: Río Ulla, Río Umia, Río Liñares e Río Deza
  • 🔸 Tapas a 3€
  • ⭐ NOVO: combo tapa + auga/curto de cervexa por 3,5€, subvencionado polo Concello
  • 🔸 Horario mínimo: de 12.00 a 15.00 horas e 20.00 a 22.00 (a partir de aí, cada local decide).

🎁 Premios:

🔸 2 premios de 1.000€ (500€ para gastar en ACOE e 500€ na hostalaría). Para conseguilos, haberá que completar toda a ruta e probar todas as tapas.

🔸 Para acceder ao sorteo doutros premios, será preciso probar 2 tapas de cada unha das 4 rutas.

Scroll ao inicio
Ir o contido