📅 Data: 27 Febreiro 2026
⏰ Hora: 19:30
h
📍 Lugar: Centro Cultural de VInseiro
🎟️ Prezo: de balde, ata completar aforo
✍️ Autor: Asoc. San Brais de Vinseiro / Asoc. de mulleres rurais A Xeada / Comisión de festas de Vinseiro
NAIS é unha historia de mulleres, de nais que afrontan unha vida marcada polas perdas, pola dor, polo engano e pola violencia.
Mulleres de varias xeracións dunha mesma familia que imos coñecendo a través da súa relación con Sara, fío condutor entre o presente e o pasado.
Sara nai, Sara muller, Sara avoa, pero tamén Sara filla, vítima dunha carencia afectiva incomprensible e dun segredo que marca a súa vida. Todas elas son fillas, irmás, cónxuxes, pero, sobre todo, son nais.
A autora, Charo Valcárcel, nada en Vinseiro (A Estrada, 1960), presenta esta novela de narrativa galega publicada por Baía Edicións, unha obra cargada de sensibilidade e memoria.

