Axenda Eventos
Axenda Cultural

Ofrenda floral na tumba de Virxinia Pereira Renda

📅 Data: 27 Maio 2026
Hora: 10:00 h
📍 Lugar: Cemiterio parroquial de Figueiroa

Natural de A Estrada, Virxinia Pereira Renda naceu o 19 de outubro de 1884. Casou con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en 1912 na igrexa parroquial de San Paio, e a súa vida quedou para sempre ligada á historia e á cultura de Galicia.

O Concello da Estrada convida a veciñas e veciños a participar na ofrenda floral e na colocación dunha placa conmemorativa, coa grafía de Castelao, na súa tumba, no cemiterio parroquial de Figueiroa.

O acto enmárcase no programa do Ano Cultural Virxinia Pereira 2026.

Scroll ao inicio
Ir o contido