O vindeiro sábado, 1 de novembro, Sabucedo acolle outra edición do MUSA co seguinte programa de actividades.
Á MAÑANCIÑA
• 09:45h. ANDAINA comentada da nova Ruta Interactiva de Sabucedo. Saída dende o curro novo. Recollida de cogumelos e castañas durante o paseo. 10km.
• 12:00h. Xuntanza no MUÍÑO DO MESTRE
• Apertura do MERCADIÑO DE PRODUTOS DE ARTESANÍA ALIMENTARIA e PROXIMIDADE
• 12:05h. Encendido do forno e comenzo do OBRADOIRO DE PAN
• 12:30h. IV Concurso Infantil “COÑECENDO O MEU POBO” con agasallos para os participantes. Bases na web da Rapa.
• 13:00h. Cata-Degustación
“A SIDRA DA ESTRADA PURA ARTESANÍA ALIMENTARIA.” maridado con setas.
Á HORA DE XANTAR
• 13:30h. Aperitivo Musical a cargo do grupo AIRIÑOS DE CALDELAS
• 14:30h. XANTAR (Compre facer reserva)
Na carpa da carballeira do Campo do Medio
• 16:30h. Inicio do OBRADOIRO DE FILLOAS E CHULAS e Entrega de Premios do Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”
• 16:45h. Presentación da TÉCNICA DO ESGAFRIADO. Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. a cargo de Carmen Soriano e Ana Lema
• 17:00h. Presentación do avance do libro:
“O SENTIR DUN POBO: SABUCEDO E A RAPA DAS BESTAS” de Francisco Regueiro.
OBRADOIROS DO SAMAÍN:
• 17:30h. Inicio dos calacús, maquillaxe,… Para nenos ata 90 anos.
• 18:00h. SABUCEDO TAMÉN CANTA. Serán musical no muíño.
DE NOITE
• 19:15h. Procesión da SANTA COMPAÑA
Lectura dos RESPONSOS dedicados aos mortos en vida durante a elaboración da QUEIMADA purificadora no curro vello.
¡Traede túnica branca ou saba vella!
• 20:00h. NOITE DO SAMAÍN
Magosto a carón do Teleclube
• 21:00h. Contacontos “CONTOS DE MEDO” con Lois Pérez
• 23:30h. Concerto de GATO PIOLLOSO
… e festa rachada!