📅 Data: 17 Febreiro 2026
⏰ Hora: 16:30
h
📍 Lugar: A Estrada
✍️ Autor: Concello da Estrada
O Concello mantén a programación prevista para o Martes de Entroido, unha das xornadas máis tradicionais destas festas no noso Concello. A saida sera dende a rúa Antón Losada Diéguez as 16:30. Máis dunha vintena de comparsas de distintas parroquias encherán as rúas de cor, música e ambiente festivo. Entre elas estarán Couso, Callobre, Matalobos, Santeles, Ribela, Riobó, varias ANPAs do municipio, escolas de baile e asociacións veciñais que fan grande o noso Entroido ano tras ano. O tradicional atranco dos Xenerais da Ulla terá lugar na Praza da Feira ao fío das 18:30 horas, organizado este ano polos veciños de Santa Cristina de Vea. Animámosvos a participar e a vivir o Entroido coa alegría e o respecto que caracteriza á Estrada. Vémonos na rúa!

