XORNADA NO RÍO VEA | DOMINGO 4 DE OUTUBRO
O domingo 4 de outubro saímos ao río Vea para compartir unha xornada de coidado e coñecemento do río Vea, aberta a todas as idades.
Pola mañá participaremos na XIX Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por ADEGA a través do Proxecto Ríos. Unha acción que se desenvolve simultaneamente en distintos puntos de toda Galicia para retirar residuos dos nosos ríos e concienciar sobre a importancia de conservalos.
Pola tarde faremos a inspección do río Vea dentro da campaña de Outono de Adega. Percorreremos uns 500 metros para observar a flora e fauna, tomar medicións e recoller mostras que posteriormente analizaremos.
Programa:
11:00 h – Encontro no Centro Médico do Souto de Vea
11:30 – 14:00 h – Limpeza do río
14:00 – 15:30 h – Xantar comunitario na contorna dun dos muíños. Cada un/unha levará algo de xantar
15:30 – 17:00 h – Inspección do río
17:00 h – Análise dos datos
Lembrade traer: botas ou catiuscas, roupa impermeable e unha muda por se nos mollamos.
Inscricións:
722 317 656
info@axesteira.gal
Vémonos no río! ☺️

