Cada ano, a Real Academia Galega de Belas Artes designa unha figura da cultura galega para homenaxear no Día das Artes Galegas.
Este 2026, o protagonista é José Suárez, fotógrafo nacido en Allariz, considerado un dos grandes da fotografía humanista do século XX. A través da súa cámara, Suárez soubo capturar a alma de Galicia e das súas xentes cunha sensibilidade e honestidade únicas.
Desde o Conservatorio Profesional de Música de A Estrada queremos sumarnos a esta celebración á nosa maneira: poñendo a música no centro, como fío condutor dunha semana chea de arte, cultura e encontro.
QUE VAI PASAR DO 23 AO 26 DE MARZO.
Durante catro días, o noso centro abre as súas portas a toda a comunidade cunha programación variada e para todos os públicos:
- Ponencia: Achegámonos á figura de Marcial del Adalid, compositor galego do século XIX, do que este 2026 se celebra o bicentenario do seu nacemento. Da man dunha especialista, descubriremos por que é unha figura clave da nosa historia musical.
- Concerto de saxofón: Un antigo alumno do centro, Roi Alfonso, regresa para ofrecer un concerto con obras de compositores contemporáneos. Música de alto nivel nun ambiente próximo e emotivo.
- Presentación do alumnado: Os alumnos e alumnas de 6º de Grao Profesional presentan un traballo propio no que exploran a música tradicional galega a través da fotografía. Muiñeiras, alalás, pandeiros… vistos desde unha ollada artística e documental.
- Concerto da Orquestra: A Orquestra do Conservatorio sobe ao escenario do Teatro Principal cun programa que une a tradición musical galega coa vangarda. O peche de semana máis especial.
- Exposición: Durante os catro días, o primeiro andar do conservatorio acolle “Fotografía para o cambio”, da artista local Aroa Martínez. Baixo o lema “O que xa non é. A perda como posibilidade”, a mostra reflexiona sobre a memoria e a transformación a través de imaxes de rostros e espazos de A Estrada que o tempo mudou.
¿POR QUE É IMPORTANTE ESTA CELEBRACIÓN?
Porque entendemos que a educación musical non só forma intérpretes, senón persoas sensibles, críticas e comprometidas coa súa cultura. E porque a música, como a fotografía de José Suárez, ten o poder de capturar o que somos e de celebrar de onde vimos.
Todos os actos celebranse ás 19:00 horas. A entrada é libre e gratuíta. As actividades terán lugar no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de A Estrada e, o día 26, no Teatro Principal de A Estrada.
Todoa a comunidade está convidada. Vémonos alí!

