Axenda Eventos
Axenda Cultural

FOLK DE RAÍZ

📅 Data: 11 Setembro 2026
📍 Lugar: Callobre
🎟️ Prezo: de balde
✍️ Autor: Asociación Regatos

O vindeiro sábado 11 de setembro terá lugar en Callobre a vixésimo quinta edición do Folk de Raíz de Callobre.

Este evento, dedicado á música e tradicións galegas, ofrecerá unha xornada repleta de actividades para todos os públicos.

A programación incluirá Sororas Xogos Tradicionais ás 19.30h, e Obradoiro de Baile impartido por Hadrián García ás 20.30 h.

As e os asistentes poderán desfrutar coas actuacións musicais, a partir das 22.00 horas, de:

  • Meniños do Pandeiro
  • De Ninghures
  • Leirabuxo
  • Ce Orquestra Pantasma

Alén das actividades e concertos, o festival contará cun pulpeiro, bocadillos e barra para degustar a gastronomía local, e aparcamento para facilitar o acceso.

Scroll ao inicio
Ir o contido