Axenda Eventos
Axenda Cultural

FESTIVAL DOS ARRIEIRIÑOS

📅 Data: 23 Maio 2026
Hora: 17:30 h
📍 Lugar: Praza do Concello da Estrada
🎟️ Prezo: de balde
✍️ Autor: Concello da Estrada

FESTIVAL DOS ARRIEIRIÑOS

Festival dos Arrieiriños celebrarase na Estrada o vindeiro sábado 23 de maio, a partires das 17.30 horas. O Concello da Estrada mantén así a súa aposta polo primeiro festival de pop-rock galego pensado especialmente para público infantil e familiar. Unha tarde chea de música, teatro e diversión para compartir cos máis pequenos e pequenas.

PROGRAMACIÓN

  • 17:30 h — Concerto de Paco Nogueiras
    Autor de espectáculos musicais de grande éxito como Radio Bule Bule ou Brinca Vai!, leva máis de medio milleiro de actuacións por toda Galicia. Este músico e actor formou parte de compañías como Els Comediants e Os Quinquilláns, ademais de colaborar en campañas de animación lectora coa editorial Kalandraka.
  • 18:30 h — Musical La Gran Aventura del Pollo Pepe
    Un dos musicais infantís máis exitosos do Estado chega a Galicia baseado nas aventuras de Pollo Pepe, protagonista dun fenómeno editorial con máis de dous millóns de exemplares vendidos. Un espectáculo con puppets a tamaño real, pantallas LED, cancións e coreografías participativas que farán vivir unha emocionante aventura na procura da súa nai desaparecida.
  • 19:30 h — Concerto tributo Lembra Xabarín
    Unha viaxe musical e emocional polos clásicos do Xabarín Club para cantar e bailar en galego ao ritmo de bandas míticas como Heredeiros da Crus, Aeroliñas Federais, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Victor Coyote, Blood Filloas, A Marabunta e Sinistro Total.

Un concerto para cantar, bailar e rememorar o legado cultural que marcou a varias xeracións.

O festival estará conducido pola actriz e comunicadora Neves Rodríguez, presentadora de Radio Estrada. Participou en series como Rías Baixas e Serramoura, en programas como Luar e foi condutora de Desde Galicia para el Mundo, ademais de traballar na TVG e na TVE Internacional.

ESPAZO FAMILIAR
Durante toda a tarde haberá:

  • -Zona de merenda para os máis cativos.
  • -Postos de bebidas e chuches.
  • -Animación e ambientación con globos.
Scroll ao inicio
Ir o contido